Kike amplía o seu contrato coa SD Compostela ata 2025

29 de Xuño de 2023
Kike renova ata 2025 coa SD Compostela
  • Kike, que deu o salto ao primeiro equipo o curso pasado, seguirá dous anos máis de branquiazul

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2023

Kike Vidal seguirá dous anos máis vestindo a camiseta da SD Compostela. O mozo central de Boiro ampliou o seu contrato co club ata 2025. Tras dar o salto ao primeiro equipo o curso pasado, o Compos confirma así a continuidade dun defensor cun futuro moi prometedor.

A pesar da súa mocidade, aos seus 20 anos, Kike demostrou esta pasada campaña unha gran madurez, respondendo con sobriedade cada vez que actuou na retagarda branquiazul. Ademais, demostrou os seus dotes en defensa, sendo contundente nos choques e rápido saíndo ao corte, así como a súa capacidade para sacar o balón xogado e para facer desprazamentos en longo, dando incluso unha asistencia de gol.

Este gran traballo levoulle a contar con moitos minutos durante todo o ano, acompañando no centro da defensa tanto a Álvaro Casas como a Pablo Crespo. En total, finalizou a tempada con 20 partidos disputados, catorce deles saíndo de inicio, para un total de 1.363 minutos.

Desta forma, Kike iniciará nesta Tempada 23.24 a súa terceira campaña no seo da SD Compostela, despois dun primeiro ano no filial, o Sigüeiro, no que destacou con 30 partidos xogados, e este segundo no que estivo en dinámica do primeiro equipo desde a pretempada.

Coa súa renovación ata 2025, a SD Compostela conta xa con quince xogadores con contrato en vigor para a próxima campaña: Pato, Borja Rey, David Soto, Álvaro Casas, Kike, Pablo Crespo, Damián, Martín, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Pep Caballé, Elliot e Parapar.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 minutes ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.