Un gol de Hugo Matos decide o primeiro amigable para o Compos

27 de Xullo de 2023
Equipo da SD Compostela con Hugo Matos contra o Arteixo
Pablo Antas co trofeo recibido en Arteixo
  • A SD Compostela impúxose por 0-1 ao Atlético Arteixo con gol de Hugo Matos

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2023

O Compos debutou na pretempada cunha vitoria no Memorial Lisardo Campos. Os nosos superaron por 0-1 ao Atlético Arteixo, de Terceira RFEF, no primeiro duelo desta etapa estival. Un gol de Hugo Matos, no primeiro tempo, decidiu a contenda na Ponte dos Brozos.

Con Manel Menéndez debutando como adestrador da SD Compostela, o equipo estreouse nesta pretempada tras unha semana e media de adestramentos. Foi nun partido con moita presenza de canteiráns, con dous onces diferenciados en cada parte e cun ritmo de xogo propio destas alturas do ano.

Os nosos arrincaron o duelo cunha aliñación formada por: Borja Rey; Rubén Casas, Kike, David Soto, Dani Varela; Pablo Antas, Gonzalo Landeira, Fer Beltrán; Parapar, Hugo Matos e Manu Barreiro.

Nese primeiro acto chegaría o único tanto do encontro, aos 25 minutos, nunha acción por banda. Hugo Matos recibiu pegado á liña, deixouna ao espazo para a carreira de Fer Beltrán, este devolveulla atrás e o extremo entrou só polo carril central para marcar a pracer ante o porteiro.

Pola súa banda, no segundo acto, o once do Compos estivo composto por: Pato Guillén; Riki Mangana, Álvaro Casas, Jorge Sálamo, Martín; Xoel, Antón de Vicente, Jordan; Pep Caballé, Juampa e Jaime Santos.

A pesar das ocasións, o marcador xa non se moveu e a contenda terminou co citado 0-1 para a SD Compostela.

Do partido cabe destacar o debut das novas fichaxes, así como de varios canteiráns. Entre eles, Jorge Sálamo, quen con 15 anos se estreou co primeiro equipo. Xunto a el, Dani Varela, que, tras realizar a pretempada pasada, volve estar presente nos encontros estivais, agora con 17 anos.

O próximo amigable será este mesmo sábado, 29 de xullo, contra o Racing Vilalbés, do Grupo 1 da Segunda RFEF. O I Memorial José Antonio Río disputarase ás 18.00 horas en Alfoz (Lugo).

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.