Primeira vitoria da tempada para o Compos

7 de Setembro de 2025
Celebración do Compos tras un dos goles contra o Barco.
Antón Guisande celebrando o seu primeiro gol co Compos.
Valín abrazándose aos seus compañeiros tras abrir o marcador para o Compos.
Parapar debutou de novo co Compos.
  • O Compos gañou 2-0 na casa contra o Barco, no debut na Liga

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2025

O Compos empezou a liga cunha vitoria na casa. Tres puntos moi necesarios para arrincar, tras superar ao Barco por 2-0. Dous goles no inicio do duelo decidiron a contenda.

Nada máis arrincar, no minuto 3, Valín, entrando desde atrás, meteu o primeiro da tarde, batendo ao porteiro no man a man. E dez máis tarde, nunha gran acción individual, Antón Guisande dobraba a vantaxe, tras regatear na área e disparar cruzado á rede.

Con 2-0, houbo ocasións para ampliar a vantaxe, sobre todo no primeiro tempo, pero o resultado non mudou.

Por tanto, obxectivo cumprido para este inicio de tempada, coa primeira vitoria da liga na casa.

FICHA TÉCNICA

2 – SD COMPOSTELA: A. Cobo; Valín, Quico, Mateo, Damián N.; Samu (Goris, min.66), Diego Uzal; Armental (Porrúa, min.87), A. Guisande (Parapar, min.75), J. Cañizares (Diego Rguez., min.46); e Carlos López (J. Maceira, min.66).

0 – CD BARCO: I. Elías; Raúl Paz, A. Calvo (Konate, min.85), Brian, Alex Vázquez; Noel (Brian Castro, min.66), Juanma Justo (Carlos Cruz, min.84); Arias, Miguel Freiría, Óscar Martín (Schneider, min.66); e Diego Santín (Sibide, min.57).

GOLES: 1-0: Valín, min.3; 2-0: Antón Guisande , min.12.

ÁRBITRO: Pablo García (Pontevedra). Amoestou a Antón Guisande e Valín, polo Compos; e a Óscar Martín, A. Calvo, Brian Castro, Juanma Justo e Konate, polo Barco.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 1 do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 970 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.