Alberto Freire, cedido ao Bertamiráns

3 de Xaneiro de 2017

Santiago de Compostela, ao 3 de xaneiro de 2016.

O mediocentro da Sociedade Deportiva Compostela Alberto Freire xogará cedido ata final de tempada no Bertamiráns, equipo da Preferente Norte Galicia, á vez que renovou o seu contrato co club por tres tempadas.

O mozo nicrariense, que subiu este ano ao primeiro equipo desde o xuvenil de Liga Nacional, sae do equipo branquiazul en busca duns minutos que non tivo no Compos. En total, Alberto xogou 135 minutos nesta primeira volta da competición, repartidos en dous partidos, precisamente nos que saíu de titular. Estes encontros foron a derrota da primeira xornada contra o Deportivo B, no que disputou os 90 minutos, e na trece no empate a cero contra o Ordes en casa, no que xogou a primeira metade.

A pesar da cesión, o novo futbolista ten contrato co Compos por tres anos, o que demostra que é unha das novas promesas coas que o club quere contar para o futuro.

Así, ambas as partes acordaron que o mellor para esta segunda volta era unha cesión na que puidese disputar o maior número de partidos posibles, unha cesión que se pechou co Bertamiráns, conxunto que marcha décimo cuarto no Preferente Norte con 21 puntos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.