Un canteirán celeste para reforzar a dianteira

2 de Agosto de 2017
Jose Sobrido, dereita, realizando a pretempada co Celta B. Foto: Canteira Celeste.
Jose Sobrido, dereita, realizando a pretempada co Celta B. Foto: Canteira Celeste.

 

  • José Sobrido estará cedido polo Celta durante esta tempada, despois de acabar a súa etapa xuvenil.

Santiago de Compostela, a 2 de Agosto de 2017.

A sétima incorporación da tempada. O dianteiro ribeirense José Sobrido González (07/04/1998) chega cedido polo Celta de Vigo por unha tempada, despois de asinar dezasete goles no seu último ano como xuvenil de División de Honra.

O novo ariete chegou ao cadro celeste no primeiro ano de cadetes prodecente do Xuventude Aguiño, cos que anotou a frioleira de 77 goles en Liga Galega. Durante os seus dous anos en Cadetes, o punta destacou pola súa facilidade para ver porta, o que lle valeu a súa renovación para a etapa xuvenil. No seu primeiro ano, o curso 14/15, xogou no Celta de Liga Nacional un total de 33 partidos, 22 deles de titular, nos que anotou 25 goles, cos que fraguou o segundo posto na táboa do conxunto vigués.

Ese verán, grazas ao seu gran rendemento, José Sobrido realizou a pretempada co Celta B, xogando mesmo algún amigable, pero coa mala fortuna de sufrir unha rotura de fibras no cuádriceps. Con todo, comezou a liga co xuvenil, pero volveu recaer e decidiron que parase para cicatrizar a lesión. Na súa volta na recta final do campionato conseguiu anotar varios tantos que axudaron ao equipo a lograr o título ligueiro. Ao final marcou 9 dianas a pesar das lesións.

E esta tempada foi a da súa consagración no Xuvenil A. Desde comezo de ano asentouse como a dianteiro referencia do equipo da base do Celta, pechando o curso con 17 goles. Entre eles, destaca o tanto na ida dos cuartos de final da Copa do Rey ante o Atlético de Madrid ou o tanto acadado nos cuartos de final da Copa de Campións contra o Osasuna.

Rápido, intelixente e con bo trato de balón, estas son as características que o definen como dianteiro, calidades coas que buscará facerse un oco no once inicial de Yago Iglesias, na que será a súa primeira tempada de sénior.

Con esta incorporación, o plantel queda conformado con vinte futbolistas, máis os catro xuvenís que seguen realizando a pretempada.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍 Xornada de convivencia dos nosos na Senda do PoolUnha vez máis, queremos agradecer ao noso establecemento colaborador por acollernos no seu localCollemos impulso para unha tempada ilusionante! 🚀 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A SD Compostela realizou esta mañá unha ofrenda ao Apóstolo SantiagoNa Catedral, recibiunos o seu deán, Manuel Jesús Formoso, quen desexou moita sorte ao equipo para esta Tempada 26/27 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 1🩵🤍 O técnico valorou a pretempada, o inicio da Liga e a importancia de conectar coa afección desde o comezo👉 A rolda de presa tivo lugar no Restaurante San Jaime, patrocinador do club ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📸🩵🤍 ROQUE, TEOFILOVIC E IAGO DOMÍNGUEZ SON XA BRANQUIAZUIS!✅ Os tres están preparados para o comezo da Liga! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Roque, Iago Domínguez e Teofilovic🩵🤍 As tres últimas fichaxes do Compos foron presentadas no Restaurante La Planta, novo patrocinador do club👉 Acompañounos José Antonio Vilaseco, propietario do establecemento compostelán ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.