O Compos gaña en herba sintética por segunda semana consecutiva

1 de Outubro de 2017
Momento do gol dos nosos no córner. Foto: Amadeo Rey.
Momento do gol dos nosos no córner. Foto: Amadeo Rey.
  • Os branquiazuis venceron nas Eiroas cun gol nunha xogada a balón parado.
  • O equipo de Yago Iglesias mostrou de novo unha gran solidez defensiva ante un dos galos da categoría, o Bergantiños.

Santiago de Compostela, ao 1 de outubro de 2017.

Tres puntos máis que viaxan para Santiago. O Compos, demostrando de novo unha gran solidez defensiva, logrou os tres puntos na súa visita ao Bergantiños, un dos claros candidatos ao ascenso, grazas a un tanto en propia porta nun córner, nos primeiros minutos do partido.

Por segunda semana consecutiva, o Compos repite o resultado nun campo de características similares, moi diferente ao de San Lázaro. O gran traballo defensivo do equipo, así como o poderío no balón parado, dan seis puntos máis a un Compos que regresa á zona de playoff.

Coa seguridade de que superar o gran reto era posible, a SD Compostela saíu ao campo das Eiroas confiado. Yago repetiu o once do sábado pasado contra o Barbadás e os xogadores seguiron coa mentalidade mostrada en Ourense.

Desde un comezo, o Compos mostrouse moi sólido defensivamente. Os branquiazuis non concederon ningunha ocasión de perigo nos primeiros 45 minutos. Por contra, os nosos conseguiron achegarse pola meta de Cristopher en dúas oportunidades.

Á primeira, un córner lanzado por Samu con rosca cara a dentro, como o sábado pasado, era rematado na área pequena. O balón era cabeceado por Uña e, logo de rebotar nun xogador local, introducíase na portería defendida por Cristopher.

Esta vantaxe puido ser ampliada chegando á media hora de xogo. Rubén tirou unha diagonal ás costas da defensa e, coa dereita, rematou centrado, sendo detido o seu lanzamento polo porteiro.

Á volta dos vestiarios, a entrada do excompostelanista Nacho deu un impulso ao cadro local. O dianteiro tivo dúas ocasións de perigo nos quince primeiros minutos, pero en ambas as fóiselle o balón por un lateral da portería. A máis clara sería no minuto 56, cun lanzamento desde dentro da área que se foi rozando o pau esquerdo da meta de Lorenzo.

Co paso dos minutos, a solidez defensiva foise apoderando do choque. Os cambios pausaron o xogo e os porteiros estiveron tranquilos durante minutos. Sería no 73, en senllos córners, cando Cristopher e Lorenzo paraban dous remates de cabeza, o noso por mediación de Cardeñosa.

Así, seguiría o partido ata o fatídico minuto 93. O Bergantiños logrou un córner a favor, ao que subiron todos os xogadores a rematar. Un deles, Richi, lograba alcanzar o balón coa cabeza, pero o seu remate era detido por Lorenzo cun sensacional paradón. Aí morría o encontro e os tres puntos viaxaban para Santiago.

Por segunda semana consecutiva, o Compos lograba superar o reto. Dúas vitorias en dous campos moi complicados e ante senllos rivais de entidade. Tras as dúas derrotas seguidas, os branquiazuis volven aos postos de playoff. O equipo demostra a súa calidade e o soño de todos está un pouco máis preto.

FICHA TÉCNICA

0- Bergantiños FC: Cristopher; Borja, Roberto, Iago, Aarón (Richi, m.71); Toni, Baleato; Rodri, Jorge, Antas (Nacho, m.46); e Rivera.

1- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Cardeñosa, David Uña, Mon; Álvaro Casas, Samu; Róber, Álex Ares (Sergio Pereira, m.89), Rubén (Primo, m.71); e Santi (Sobrido, m.61).

Goles: 0-1: David Uña, min.10

Árbitro: García Lesta, colexió pontevedrés. Amoestou a Baleato, Roberto, Antas e Borja Facal, polos locais, e a Uña, Mon, Cardeñosa, Samu e Róber, polos visitantes.

Incidencias: Partido da sétima xornada de liga da Terceira División disputado no campo das Eiroas ante 500 espectadores, cunha gran representación de afeccionados branquiazuis.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmado o horario para a xornada intersemanal da próxima semana⚽️ 𝐗𝟐𝟔🆚 UD Barbadás 🗓️ Xoves, 19 de marzo🕠 17:30 horas🏟️ Os CarrísXogaremos o xoves en Barbadás! 🙌#barbadáscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Alondras C.F. ⚽️ Previa do noso técnico antes do regreso dos nosos ao Vero Boquete, este sábado ás 18:00 horas, co obxectivo de regresar á senda da vitoria#composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👨‍⚕️ PARTE MÉDICO Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud⚽️ 𝐉𝐨𝐚𝐪𝐮𝐢𝐧 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 As probas realizadas ao noso canteirán confirmaron un desgarro parcial do ligamento lateral interno do xeonllo dereito👉 O mediocentro xa iniciou tratamento e traballo de recuperación, baixo a supervisión dos servizos médicos e de readaptación do clubMoito ánimo, Goris! Volverás máis forte! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Esta semana agardámosvos o sábado na nosa casa🤝 Partido patrocinado polo ximnasio 𝐂𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐒𝐂𝐐, "la Fábrica de Campeones" ⚽️ 𝐗𝟐𝟓🆚 Alondras C.F. 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#ComposAlondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.