Tres triunfos por segunda semana consecutiva

13 de Novembro de 2017
Alevín A.
Alevín A.
  • Xuvenil B, Cadete e Infantil B sumaron os tres puntos.

  • O Infantil B sobe ata a terceira praza de Liga.

  • Descansaron o Alevín B e o Benxamín.

Santiago de Compostela, a 13 de Novembro de 2017.

A xornada das categorías inferiores da SD Compostela deixounos un panorama similar ao vivido a fin de semana anterior, xa que o número de triunfos volveu ser de tres, neste caso, do Xuvenil B ante o Dubra, do Cadete ante a ED Arzúa e do Infantil B contra o Milladoiro.

En primeiro lugar, o filial non puido manter a súa boa dinámica e viuse superado polo Villestro por 1-0, conxunto que o adianta na clasificación.

O xuvenil de Liga Nacional segue en penúltima posición con sete puntos logo de que volvese perder. Os branquiazuis foron superados polo Celta B, segundo clasificado, por 0-2.

Mellor lle foron as cousas ao Xuvenil B e iso que tivo que rozar a épica para levar o partido. Os santiagueses visitaban ao Dubra e comezaron perdendo por tres a cero na primeira metade. Con todo, nun arreón de caste, darían a volta ao encontro cos tantos de Marcos Andrade, Xacobo Insúa, un en propia porta e Schadarac Lonji. Con todo, os locais volverían empatar no 84, pero de novo aparecería Schadarac para marcar o gol da vitoria no minuto 90.

En canto ao Cadete, tras varias semanas de resultados negativos, os canteiráns superaron nas Cancelas ao ED Arzúa por 2-0. Nun partido no que dominaron, levaron os puntos con dous tantos de Hugo Martínez, un na primeira parte e outro na segunda.

En Infantís, o A perdeu 3-0 contra un Conxo que está na parte alta da táboa, mentres que os nosos mantéñense no décimo terceiro lugar.

Mentres, o equipo B goleou por 8-0 ao Milladoiro e ascendeu á terceira posición. Os mozos adestrados por Diego Segade convertéronse nos principais protagonistas da canteira con este gran resultado.

Por último, o Alevín A non foi capaz de superar ao Peleteiro, contra o que caeu por 0-3.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.