As Cancelas, o fortín das categorías inferiores

23 de Febreiro de 2018
  • Cinco dos sete encontros xogaranse no campo municipal santiagués.

  • O xuvenil Nacional descansa esta xornada polo parón ligueiro.

Santiago de Compostela, a 23 de Febreiro de 2018.

As categorías inferiores volven á acción nun fin de semana no que cinco deles xogarán de locais e no Municipal de As Cancelas. Esta xornada descansará unicamente o xuvenil de Liga Nacional, debido ao parón ligueiro polas seleccións.

En primeiro lugar, o xuvenil B quere sumar tres puntos tras o punto cultivado na súa última saída. Para iso, deberá medirse ao AD Manuel Peleteiro o sábado ás 20.00 horas en As Cancelas.

O cadete, tras un gran triunfo en casa, visita á SD Villestro, coa intención de que o refacho continúe. O duelo será o domingo ás 11.15 horas no Municipal da Barrosa.

En infantís, o A quere recuperar o sorriso cunha vitoria contra o CD Rois, o sábado ás 16.30 horas no campo da Mercé, en Conxo. Pola súa banda, o B xogará en As Cancelas ás 12.15 horas contra o Vista Alegre CF.

Mentres, en alevíns, o A xogará o sábado contra o La Salle en As Cancelas ás 13.00 horas, buscando manterse na parte alta do playoff, e o B fará o propio contra o CD Conxo, dúas horas antes.

Por último, entre partido e partido, 12.00 horas, saltarán ao campo os benxamíns para enfrontarse ás Escolas Deportivas do Arzúa. Tentarán lograr a segunda vitoria do playoff.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Un domingo para recuperar a senda da vitoria en Vitoria 💪🩵🤍𝐗𝟏𝟐🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ Jose Luis Compañón - Ibaia 3🎟️ 10€ #minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos 💪Recuperación e o foco xa na visita ao País Vasco deste domingo#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso encargado do material, Edgar Piñeiro Mendez-benegassiMoitos parabéns, Edgar!! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composourenseO técnico do Compos analizou a derrota no derbi, nun encontro no que os nosos, como valorou o adestrador, non estiveron finos no último terzo do campo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Ourense CFHoxe non foi o día! Ráchase a xeira de encontros sen perderGRAZAS AFECCIÓN por apoiarnos ata o final, pese ao resultado 👥🩵🤍📸 Nacho Castaño#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.