As Cancelas, o fortín das categorías inferiores

23 de Febreiro de 2018
  • Cinco dos sete encontros xogaranse no campo municipal santiagués.

  • O xuvenil Nacional descansa esta xornada polo parón ligueiro.

Santiago de Compostela, a 23 de Febreiro de 2018.

As categorías inferiores volven á acción nun fin de semana no que cinco deles xogarán de locais e no Municipal de As Cancelas. Esta xornada descansará unicamente o xuvenil de Liga Nacional, debido ao parón ligueiro polas seleccións.

En primeiro lugar, o xuvenil B quere sumar tres puntos tras o punto cultivado na súa última saída. Para iso, deberá medirse ao AD Manuel Peleteiro o sábado ás 20.00 horas en As Cancelas.

O cadete, tras un gran triunfo en casa, visita á SD Villestro, coa intención de que o refacho continúe. O duelo será o domingo ás 11.15 horas no Municipal da Barrosa.

En infantís, o A quere recuperar o sorriso cunha vitoria contra o CD Rois, o sábado ás 16.30 horas no campo da Mercé, en Conxo. Pola súa banda, o B xogará en As Cancelas ás 12.15 horas contra o Vista Alegre CF.

Mentres, en alevíns, o A xogará o sábado contra o La Salle en As Cancelas ás 13.00 horas, buscando manterse na parte alta do playoff, e o B fará o propio contra o CD Conxo, dúas horas antes.

Por último, entre partido e partido, 12.00 horas, saltarán ao campo os benxamíns para enfrontarse ás Escolas Deportivas do Arzúa. Tentarán lograr a segunda vitoria do playoff.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a por unha nova final!!⚽️ 𝐗𝟑𝟐🆚 UD Somozas 🕔 17:00 horas🏟️ Manuel Candocia🎟️ 10€ Entrada Xeral | Gratis Menores de 14 anos🙌 Todos xuntos, a conseguir tres puntos vitais!!#somozascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ A polas tres finais que restan!👉 Os nosos regresan esta tarde ao traballo para preparar o duelo vital deste domingo nas Somozas#somozascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos empatou na casa tras ir por detrás no marcador dúas veces🫂 Todos xuntos, a polas tres finais que restan para poder acadar o obxectivo!!👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/19/empate-vero-boquete-compos-2-2/📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso técnico tralo empate no Vero Boquete#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 2️⃣-2️⃣ Atl. Coruña Montañeros 📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.