Darío: “Queremos que o partido contra o Burgos sexa noso e manexar ao rival co balón”

6 de Setembro de 2022
Carlos Brea, Jorge Míguez, Darío e Ramón Castro na Bodeguilla de San Lázaro 2
  • O dianteiro, que se estreou en liga na primeira xornada, foi presentado esta mañá na Bodeguilla de San Lázaro
  • O establecemento patrocina este ano ao punta santiagués e o encontro ante o Burgos deste domingo

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022

Na súa estrea na Segunda RFEF co Compos, Darío seguiu demostrando o seu enorme potencial e capacidade goleadora. Tras unha pretempada na que foi o pichichi con cinco tantos, o dianteiro volveu marcar na primeira xornada de liga. O punta santiagués, que chegou cedido este verán polo Celta, móstrase contento polo seu rendemento ata o momento, aínda que lamenta o resultado de Oviedo. Por iso, espera, este domingo si, lograr a primeira vitoria.

O encontro contra o Burgos Promesas no Vero Boquete estará patrocinado pola Bodeguilla de San Lázaro, establecemento que esta campaña porta a súa imaxe no espigado dianteiro compostelanista. No restaurante, Darío repasou a pretempada e inicio ligueiro e explicou o que agarda da tempada, nun acto que serviu como presentación da súa fichaxe.

Chegada ao club. En xeral, foi moi ben a pretempada nun equipo novo. Estou contento cos compañeiros, o ritmo do equipo e tratando de crecer, que é para o que estou aquí esta tempada.

Estrea en Oviedo. Foi unha estrea con boas e malas sensacións. Boas, a nivel persoal polo gol, pero sobre todo a nivel colectivo, porque fomos quen de enlazar boas xogadas. Con todo, aínda temos que mellorar certos aspectos que nos custan e fannos ser menos competitivos. En todo caso, temos ganas de traballar para mellorar.

Plantel renovado. É un equipo no que hai moitas incorporacións, que foron chegando ao longo da pretempada, e tamén arrincamos con algunhas baixas. É tarefa do míster xuntar todas as pezas e non é algo sinxelo. É un proceso e melloraremos semana a semana. Temos plena confianza no grupo e no adestrador, e toca loitar cada semana para lograr os tres puntos.

Traballo sen balón. Eu mesmo son o primeiro que me quero esixir máis nese aspecto, porque esta é unha categoría que cho pide. Aínda que xogues moi ben con balón, se non es forte nas disputas, na presión ou nos repregamentos, penalízalo. Por iso, temos que darlle unha volta a iso, sacrificarnos todos para poder conseguir os obxectivos.

Capacidade goleadora do Compos. No equipo necesitamos que todos acheguen gol. Temos xente moi capacitada, tanto na dianteira como en segunda liña, como se puido comprobar contra o Arenteiro, coa chegada desde atrás de Fer Beltrán. En balón parado tamén temos xente con moito potencial, polo que teremos opcións de marcar goles todos. Temos unha chea de recursos en ataque e con iso poderemos sumar.

Visita do Burgos Promesas. Enfocaremos o partido para xogar ao noso, xa sexa un filial ou un equipo máis veterano. Somos un equipo cun nome e unha historia, polo que queremos que o partido sexa noso, ter a posesión do balón e facer dano ao rival. Fixámonos no rival, pero consideramos que é máis importante o noso traballo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍💪 Mañá 👉 17.00 horas 🏟️ Vero Boquete 📸 Nacho Castaño #composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 🆚 Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo📋 Luisito🩵🤍 Os nosos para o derbi de mañá no Vero Boquete✅ Iker Gil, da Canteira Picheleira; e regresa Ocaña❌ Pablo Crespo, por lesión; e Álvaro Casas e Santi de Prado, por sanciónℹ️ Mañá, dous descartes#composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏 🆚 Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🎥 Luisito🗣️ Previa do adestrador branquiazul antes do derbi deste domingo no Vero Boquete📸 Acompañounos Wendy M. Otero, responsable de comunicación e marketing de Grupo Alumisan, patrocinador do encontro#composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔹 Interesante II Xornada de 'Tecnoloxía e Deporte' con dous grandes ponentes como Miguel Ángel Leal e Lalo García⚽️ Ambos ilustráronnos sobre o uso da tecnoloxía no deporte en xeral e no fútbol en particular, expoñéndonos como o dato pode axudar, por exemplo, na toma de decisións ou na experiencia do afeccionadoCo CEO de LaLigaTECH do 2021 ao 2024 e co Cofundador de Galicia Sportech Congress tivemos a fortuna de abordar este impacto tecnolóxico no deporte desde o prisma dunha patronal como a Liga de Fútbol Profesional, por un lado, e dos clubs, polo outro🤝 Grazas Miguel Ángel e grazas Lalo polo voso tempo e o voso coñecemento compartido. Foi un pracer!E grazas tamén a Turismo de Galicia por coorganizar este gran evento que realizamos no Museo Das Peregrinacións e de Santiago#tecnoloxíaedeporte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
ℹ️ SANCIÓNS🟨 Álvaro Casas e Santi de Prado cumplirán sanción este domingo no derbi tras recibir o quinto cartón amarelo📸 Nacho Castaño #composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.