Kike: “Todos queremos lograr un obxectivo e cada un achega desde a súa parcela para logralo”

3 de Maio de 2023
Mateo García, xerente de Sisrecon, e Kike, nas instalacións da empresa no Polígono do Tambre.
  • O central destacou o momento do equipo en Sisrecon, o seu patrocinador oficial

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

Nas instalacións de Sisrecon Pavimentos, o seu patrocinador oficial, Kike analizou a previa do importante partido que terán os nosos, este domingo ás 12.00, contra o Raio Cantabria. O central compostelanista remarcou o bo momento do equipo, a dificultade do duelo e o valor de conseguir os tres puntos en terras cántabras.

 

Valoración de Kike das últimas semanas.

 

Adaptación do equipo a Juan Carlos Andrés. Ben, moi ben. O bo que ten o míster é que ten moita comunicación connosco. Todo o que quere transmitirnos e as súas ideas, faio día a día e o equipo está a coller eses automatismos que el quere.

Que che pide? Pídeme que teña personalidade, que non teña medo a saír co balón xogado e estar atento ás vixilancias. Considérame un máis do plantel e estou a ter a sorte de estar a xogar máis nestes últimos partidos. Un pouco nesa liña, pídeme personalidade, sen medos, con respecto á categoría, loxicamente, pero sen ningún tipo de pudor.

Cambio anímico. O equipo está arengando, todos estamos a unha, todos queremos lograr un obxectivo e cada un achega desde a súa parcela para logralo. Viñamos dunha mala xeira, pero as dinámicas, para ben ou para mal, están para cortalas, puidemos cortala e seguir para adiante.

Depender dun mesmo. Xa dependíamos de nós, porque levamos gran parte da tempada clasificados en postos de playoff. E agora que quedan dous partidos, falta ese último empuxón para apertar todos a unha, meternos en playoff e loitalo despois.

Resposta aos malos resultados anteriores. Son dinámicas. Primeiro tivemos esa xeira de oito partidos gandos seguidos, pero ás veces cando a pelota non entra frústraste, outras en cambio notas que entra todo. O equipo viña xogando parecido a como o facía antes, só que os rivais nas segundas voltas apertan máis e queren rascar os máximos puntos posibles, porque é onde se xogan as castañas.

Un equipo ambicioso. Todo o máis arriba que podamos estar, sempre imos tentalo. Somos ambiciosos e queremos estar o máis arriba posible. E despois, veña quen veña, somos nós mesmos, temos que xogar como sabemos e como nos pide o míster para, no caso de que nos clasifiquemos para o playoff, xogar o mellor posible.

Cambios co novo adestrador. Agora o Compos quere ser máis protagonista con balón. Antes estabamos cómodos estando repregados e buscando contras, con xente rápida arriba. E agora estamos a adaptarnos a ser máis protagonistas, a ter máis o balón e a tentar ser máis combinativos.

Máis cómodo sendo protagonista. Todo depende do rival e do que che pida o partido. Ao final, se podes ser protagonista e ter o balón, o rival non che pode atacar. Dentro diso, ter o balón é unha garantía para ter máis posibilidades.

 

Partido do Compos en Cantabria.

 

Preparación do partido. Pechamos esta semana pasada e a partir de agora xa nos centramos en aspectos máis tácticos do Raio para tentar sumar os tres puntos.

O Raio Cantabria. É un filial, polo que supoñemos que quererán ser protagonistas con balón, sendo ademais o seu último partido na casa. E nós, queremos ser tamén protagonistas. Debemos adaptarnos ao seu xogo, pero tamén queremos implantar a nosa idea para poder levarnos os tres puntos.

O rival que esperan. Os filiais teñen xogadores en dinámica de primeiro equipo, polo que ás veces van bailando aos xogadores e iso pode influenciar. En todo caso, eu creo que será un Raio parecido ao da primeira volta, un equipo que queira o balón, con xogadores tácticos e técnicos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.