Ao Compos tócalle vivir a cara máis amarga do fútbol no playoff

27 de Maio de 2023
A eliminación no playoff foi dura para a toda a familia do Compos
Casas e Juan Carlos Andrés coa afección do Compos
Compos no playoff
Afección do Compos na volta do playoff
  • O Compos agradece o apoio dos desprazados e pídelle desculpas por non poder cumprir o obxectivo no playoff

Tarazona, 27 de maio de 2023

Non puido ser. Estivo a un paso, rozouse coa punta dos dedos, pero os minutos finais volveron condenar ao Compos neste playoff. Dous goles en cinco minutos provocaron a remontada local, deixando sen premio o esforzo dos nosos. Un golpe duro de asimilar para todos, polo que queremos enviar unha mensaxe de agradecemento, e de desculpa por non cumprir o obxectivo que todos queriamos, aos cento cincuenta desprazados ata Tarazona.

 

A crónica máis dura de contar no playoff

 

Tras gañar a ida no Vero Boquete por 3-2, a SD Compostela chegaba ao partido de volta contra o Tarazona cunha misión, defender a renda conseguida en Santiago.

Saltando ao campo coa única novidade de Jaime Santos por Parapar, convalecente durante toda a semana por un catarro, os nosos buscaban ter pausa con balón para evitar as perigosas reaccións locais tras perda.

Aínda que os aragoneses intimidaron cunha primeira acción de perigo, tras roubo en campo rival, os minutos pasaban con control branquiazul da situación. Os locais non conseguían achegarse á área de Pato e os nosos cada vez sentíanse máis cómodos e conseguíanse estirar máis, buscando a un omnipresente Darío.

No 11, teríaa un atento Mario Rodríguez, por dereita, pero salvaba Dorronsoro saíndo a tapar. No 26, a ocasión sería para Darío, pero o dianteiro atopábase cunha man dura abaixo do porteiro, ante o intento de tiro cruzado. E a máis clara, pasada a media hora, nun balón morto, despois dun saque de esquina, no que Jaime Santos, só de marca, non foi quen de salvar ao meta local.

Por tanto, a pesar das oportunidades, chegábase ao intermedio coa igualada inicial e coa mala noticia do cambio obrigado de Samu, lesionado nun xeonllo nun lance fortuíto.

Á volta dos vestiarios, a pesar da novidade no bando local, buscando máis insistencia con centros, a contenda seguía polo mesmo camiño. O Compos estaba ben plantado atrás, sen conceder e, aínda que xa non conseguía chegar tanto ata a área rival, tampouco sufría.

Pasaban os minutos, o tempo corría a favor, producíanse máis cambios, pero nada cambiaba no Municipal de Tarazona.

Pero nese momento, un chispazo, un golpe de fortuna, eses que marcan eliminatorias provocaba que o construído durante tantos minutos, se esfumase.

Marcos Mendes virábase polo bordo da área e xutaba a portaría, un golpeo sen demasiado perigo, pero no que a sorte xogaba unha mala pasada aos nosos. A pelota golpeaba nun dos nosos defensores e modificaba a traxectoria por completo.

De súpeto, o Tarazona e o público metíanse no duelo e esa reacción levábaos a un premio maior. Primeiro, Pato salvaba cunha parada espectacular o intento de Mendes , pero no 89, un esvarón branquiazul permitía a Mendes  roubar o balón, plantarse no man a man con Pato, regatealo e pór o segundo.

Un golpe tremendo para a familia branquiazul que, a pesar de que o tentaban colgando balóns no desconto, xa non atopaban portaría, quedando eliminados do playoff.

Unha situación difícil de dixerir, pero, os golpes fan a un máis forte e iso é o que fará este Compos. Levantarse, traballar e seguir loitando para devolver ao equipo onde merece estar.

Grazas novamente aos desprazados, reiterar as desculpas e lembrade que todos xuntos acabaremos logrando o ascenso.

FICHA TÉCNICA

2- SD TARAZONA: Dorronsoro; Yasin, Nacho Pastor, D. Royo (Mendes, m.57), Gnali; Moustapha, Toni Jou; Galdón (Areso, m.46), Néstor (David, m.65), Carrasco; e Carlos González (Deiby, m.89).

0- SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana, Álvaro Casas, Pablo Crespo (Cano, m.89), Roque; Samu (Fer Beltrán, m.21), Pablo Antas; Jaime Santos (Parapar, m.68), Jordan, Mario Rodríguez (Allyson, m.89); e Darío.

GOLES: 1-0: Mendes, min.85; 2-0: Mendes, min.89.

ÁRBITRO: García Arriola (País Vasco). Amoestou a Mendes , polo Tarazona; e a Jordan , Fer Beltrán, Parapar e Pablo Antas, polo Compos.

INCIDENCIAS: Polideportivo Municipal de Tarazona (Tarazona). Partido de volta da primeira eliminatoria de playoff de ascenso á Primeira RFEF disputado ante 2.000 espectadores. Entre eles, 150 afeccionados compostelanistas, que se desplazaron desde a capital galega.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS, CAMPIÓN DO TRIAGULAR VILA DE CAMBADOS@DeporCanteira 2️⃣ (8) - 2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris | Manu RivasCOMPOS 1️⃣-0️⃣ Arosa SC⚽️ Turbi👏 Gran participación dos nosos que seguen a coller sensacións para a tempada📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAAL@DeporCanteira 2️⃣ (8) -2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris e Manu Rivas👉 Gañamos nunha tanda de penaltis interminable, tralo empate nos 45 minutos🧤 Edu parou o noveno penalti e Miguel Prado asinou o definitivo🏆 O campión do Triangular Vila de Cambados sairá do noso seguinte encontro📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
1' |0️⃣-1️⃣|🔛 COMEZOU o partido en Cambados e..... GOOOOOLLL de GORIIISSS!!! ⚽️⚽️⚽️Adiántanse os nosos contra o Fabril nada máis arrincar, co tanto do canteirán trala asistencia de Edu González📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
Hoxe, dobre cita en Cambados! 🩵🤍🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril🕢 19:30 horas🆚 Arosa SC🕣 20:30 horas🏟️ Municipal de Burgáns🎟️ 10€🏆 Triangular Vila de Cambados#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.