Dani Varela prolonga o seu contrato coa SD Compostela ata 2026

30 de Xuño de 2023
Dani Varela estará en dinámica da SD Compostela
  • Con ficha aínda de xuvenil, o futuro de Dani Varela quedará vinculado ao primeiro equipo

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023

Dani Varela Villasenín seguirá vinculado á SD Compostela ata 2026. O lateral esquerdo santiagués, do 2006, prolonga o seu contrato por tres tempadas, polo que o seu futuro, unha vez termine a súa etapa de xuvenil, na que lle quedan dous anos, quedará ligado ao primeiro equipo branquiazul. O Compos asegúrase así a continuidade dunha das xoias do fútbol base galego.

Dani Varela chegou ao Compos o pasado verán para iniciar a súa etapa de xuvenil xa na División de Honra. A pesar de xogar contra rivais dous anos maiores, demostrou as súas grandes calidades no carril esquerdo, sendo peza fundamental do equipo durante toda a tempada, un curso no que se conseguiu, de novo, a permanencia na máxima categoría nacional.

Finalizou a campaña disputando todos e cada un dos 30 partidos de liga, saíndo sempre de inicio, para un total de 2.583 minutos de xogo. Ademais de ser un dos piares da defensa, tamén se proxectou en ataque, repartindo varias asistencias.

En todo caso, o papel de Dani Varela non quedou só no Xuvenil A do Compos, senón que tamén gozou de presenza co primeiro equipo. Así, con 16 anos, realizou toda a pretempada coa SD Compostela, disputando os amigables e marcando incluso un gol na Copa Federación. E tamén entrou nunha convocatoria de Segunda RFEF, no partido contra o Real Avilés Industrial, aínda que non chegou a debutar.

Por tanto, seguirá formando parte do Xuvenil A de DH, aínda que a súa proxección estará xa vinculada ao primeiro equipo. Deste xeito, volverá repetir experiencia estival, realizando a pretempada co Compos, e tamén adestrará durante todo o ano ás ordes de Manel Menéndez.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

45 minutes ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.