Fran López, xuventude e polivalencia para o ataque da SD Compostela

18 de Xullo de 20231
Fran López, novo xogador da SD Compostela
  • Fran López chega cedido polo Celta para a Tempada 23.24

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2023

Fran López Fernández (Ferrol, 24.01.2002) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 23.24. O dianteiro chega cedido desde o RC Celta de Vigo, reforzando o ataque compostelanista para esta campaña.

Fran López destaca por ser un ariete veloz, con capacidade para ser invisible para os defensas e cunha gran definición. Ademais, polas súas características, adáptase tanto á posición de ‘9’ como a calquera das bandas ou mesmo de segundo dianteiro. Estas condicións levaron á dirección deportiva a apostar pola súa incorporación para esta tempada.

Formado na canteira viguesa, Fran López foi crecendo nos diferentes equipos da Madroa ata dar o salto a seniors, onde seguiu demostrando as grandes calidades que atesoura. Ese gran rendemento mesmo lle levou a adestrar con asiduidade co primeiro equipo, a ir convocado en varios encontros de Primeira División e a debutar, na pretempada, no Memorial Quinocho, unha estrea que chamou a atención de todos por dar dúas asistencias de gol.

En clave do filial, estreouse no Celta B na Segunda B sendo aínda xuvenil. Pechada a súa etapa na base pasaría a enrolarse no Celta C, de Preferente, onde se sairía compartindo dianteira con Darío Germil. En total, 27 partidos disputados e 19 goles, logrando o ascenso a Terceira RFEF. Ademais, tamén participaría en 4 duelos, todos saíndo desde o banco, co B, de Primeira RFEF.

E o curso pasado, en Terceira RFEF, foi de novo unha das pezas destacadas do Celta C, loitando polo playoff de ascenso co novo equipo céltico. Pechou o ano con 22 encontros xogados, 18 saíndo de inicio, e 8 tantos anotados. Así mesmo, volveu repetir presenza no Celta B, de Primeira RFEF, nesta ocasión, participando en cinco partidos.

Seguindo a súa progresión, aos seus 21 anos, Fran López chega agora á SD Compostela co obxectivo de seguir demostrando o seu gran nivel. Despuntou en Preferente, fíxoo en Terceira e agora buscará facelo na Segunda RFEF.

O mozo dianteiro, asinado o acordo entre clubs, súmase á pretempada do Compos esta mesma mañá, participando xa no primeiro adestramento ás ordes de Manel Menéndez.

Coa súa incorporación, a SD Compostela 23.24 conta con 19 xogadores con contrato para a Tempada 23.24: Pato, Borja Rey, Riki Mangana, David Soto, Álvaro Casas, Kike, Pablo Crespo, Damián, Martín, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Jaime Santos, Pep Caballé, Parapar, Juampa, Fran López e Manu Barreiro.

One comment

  • Sanctius

    18 de Xullo de 2023 at 07:56

    Non son vinte xogadores os integrantes do primeiro equipo do Compostela actualmente. Son dezanove.

Comments are closed.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.