O Compos suma o primeiro punto da tempada en Luanco

3 de Setembro de 2023
Parapar intenta o remate de cabeza ante a saída de Denis
Hugo Matos, un dos máis activos do Compos

O Compos empatou 0-0 en Miramar contra o Marino na primeira xornada

Luanco, 3 de setembro de 2023

A SD Compostela sumou o seu primeiro punto da Tempada 23.24 en Miramar. Os nosos empataron 0-0 contra o Marino de Luanco nun encontro moi serio e igualado, pero no que faltou acerto na zona de ataque.

Para a partida en Miramar, Manel Menéndez partiu cun once formado por Pato, Riki, Soto, Casas, Samu, Antas, Antón, Jordan, Parapar, Juampa e Jaime Santos. Coa súa primeira aliñación, o novo técnico compostelanista, no seu debut oficial no banco, buscaba dar continuidade ao traballo de pretempada e sumar os primeiros puntos do curso.

Desde o inicio viuse a un Compos dominador coa pelota. Sólido atrás, sen conceder e buscando o ataque con pausa, aínda que sen atopar a fortuna nos últimos metros. Tívoa Pablo Antas, nunha acción a balón parado, pero rematou fóra cando estaba só.

Sen claridade para acertar no arco rival, quedou todo por decidir para a segunda metade.

Cun cambio nos locais, a contenda seguiu polo mesmo camiño. Dous equipos ben atrincheirados atrás, pero falta de claridade en campo rival. Puido chegar o gol nunha ocasión de Parapar, tras unha deixada de costas de Juampa, pero Denis, moi atento, saíu a tapar o intento de golpeo do extremo coruñés.

Fóronse consumindo os minutos e foron chegando os cambios. Manel deu entrada, primeiro, a Manu Barreiro e Euse; e despois, a Hugo Matos. Precisamente, a entrada do canteirán deu electricidade ao ataque, atopando máis espazos.

Respondendo ao alto ritmo dos nosos, os locais terían a súa nas botas de Abraham José, nun tiro virándose que detivo Pato á perfección. E a seguir, chegou unha das máis claras para os nosos. Un centro de Hugo a área pequena ao que non chegou Manu Barreiro por milímetros.

Houbo máis cambios, entraron Pep Caballé e Fer Beltrán, e de novo tería outra ocasión clara o Compos. Jaime Santos, na frontal e en perfecta posición, tras un centro raso de Pep, mandou arriba a pelota. Sen acerto, o marcador xa non se moveu, 0-0 final.

Primeiro punto para os branquiazuis na súa estrea ligueira. Dentro de sete días tentarán facelo bo na casa, contra a Arandina. O encontro disputarase o domingo ás 19.00 horas no Vero Boquete.

FICHA TÉCNICA 

0 – MARINO DE LUANCO: Denis; Borja, Traoré, Aspra, Guaya; Nacho Matador; David Iglesias (César, m.46), Lora, Iván Elena (Abraham José, m.73), Miguel Cuesta (Jandro, m.92); e David Grande.

0 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana, David Soto, Álvaro Casas, Samu Araújo (Euse, m.69); Pablo Antas, Antón de Vicente (Fer Beltrán, m.89); Parapar (Hugo Matos, m.79), Jordan (Manu Barreiro, m.69), Juampa (Pep Caballé, m.89); e Jaime Santos.

GOLES: Sen goles.

ÁRBITRO: Barrio Salas (País Vasco). Amoestou a Jandro, polo Marino; e a Samu Araújo e Hugo Matos, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Municipal de Miramar (Luanco). Xornada 1 do Grupo 1 da Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.