Tres puntos de ouro para o Compos ante o Guijuelo

31 de Marzo de 2024
Samu Rodríguez, autor do gol do Compos, celebra o tanto da vitoria
Antón Permuy, no seu debut no Vero Boquete coa SD Compostela, logrou os tres puntos
Samu celebra co equipo o golazo que marcou
  • Un golazo de Samu selou o triunfo da SD Compostela na casa

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2024

Unha vitoria moi necesaria. A SD Compostela conseguiu ese triunfo que tanto desexaba ante o Guijuelo, 1-0. Un golazo de Samu, de volea, selou tres puntos de ouro para os branquiazuis na casa.

Tras semanas inmersos nunha fochanca de resultados, o Compos sacouse un gran peso de encima cunha gran vitoria, no que foi o debut de Antón Permuy no Vero Boquete.

O triunfo produciuse grazas ao solitario gol do capitán Samu, hoxe titular, que empalou desde a frontal un centro de Parapar. Un golazo para a tranquilidade, que se corroborou tamén cunha gran defensa.

FICHA TÉCNICA

1 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Roque, Kike, Álvaro Casas, David Soto, Jaime Santos (Manu Barreiro, m.79); Samu, Pablo Antas; Manu Ramírez (Landeira, m.85), Parapar (Pep Caballé, m.71) e David Grande (Antón de Vicente, m.85).

0 – CD GUIJUELO: Rabanillo; Montes, Asiel, Pica, Cedenilla; Xabi (Garban, m.62), Diego González (Cristóbal, m.62), Cambil, Alberto; Juan Antonio e Pana.

GOLES: 1-0: Samu, min.50.

ÁRBITRO: Álvarez Ordóñez (Asturias). Amoestou a Álvaro Casas, Parapar, David Grande, Manu Ramírez e David Soto, polo Compos; e a Alberto, Cambil, Cristóbal e Juan Antonio, polo Guijuelo.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 29 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 800 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.