Juampa e Samu Araujo non continuarán na SD Compostela

14 de Xuño de 2024
Grazas Juampa Barros
Grazas Samu Araujo
  • O club agradécelles o traballo realizado polo ben do Compos e deséxalles a maior das sortes

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

Juampa Barros e Samu Araujo non continuarán na SD Compostela na Tempada 24.25. O club agradécelles o esforzo e a dedicación polo ben do equipo na súa etapa como compostelanistas e deséxalles a maior das sortes para o seu futuro deportivo e persoal.

No caso de Juampa, o extremo compostelán pecha así a súa segunda etapa no Compos, tras unha campaña na que disputou 28 encontros, marcando 4 goles e repartindo outras tantas asistencias. Deste xeito, unido ao seu primeiro periplo en Santiago, deixa o club con medio centenar de partidos xogados.

Pola súa banda, Samu Araujo despídese do club tras unha tempada na que participou en 12 partidos, antes de caer lesionado.

Moitas grazas por todo e moita sorte para o futuro!

Youtube

Instagram Compos

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.