Inicio de liga en Soria e debut na casa cun derbi

24 de Xullo de 2024
Calendario de encontros para o Compos no Grupo 1 da Segunda RFEF para a Tempada 2024/25.
  • O Compos xa coñece a súa folla de ruta para a Tempada 2024/25 no Grupo 1 da Segunda RFEF

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

A SD Compostela xa coñece a súa folla de ruta para a Tempada 2024/25 no Grupo 1 da Segunda RFEF. Os nosos terán un inicio de altura, con dous partidazos contra o Numancia e o Pontevedra, nunha liga que arrincará a fin de semana do 31 de agosto e 1 de setembro.

Serán nove intensos meses de competición, nunha liga que se presume apaixonante e á que os nosos esperan chegar en plena forma. Para iso, iniciaron xa unha intensa pretempada, con sete semanas de traballo estival.

Como o curso anterior, o Compos iniciará a liga como visitante e farao co desprazamento máis longo da tempada. Os nosos arrincarán medíndose ao Numancia de Soria nos Pajaritos, nun duelo histórico e ao grande.

Pola súa banda, o debut no Vero Boquete, á semana seguinte, será cun derbi tamén histórico ante o Pontevedra. Outro duelo de nivel no que se espera un ambientazo como a pasada campaña.

Estes dous partidos servirán de punto de partida para un mes de setembro no que os nosos tamén visitarán ao Deportivo Fabril (14/15) e ao Marino de Luanco (28/29), ademais de recibir ao Langreo (21/22).

En outubro, o Compos medirase na casa contra o recentemente ascendido Escobedo (5/6) e o Guijuelo (19/20) e visitará ao Raio Cantabria (12/13) e ao Real Avilés Industrial (26/27).

Xa en novembro, os dous restantes derbis, con Coruxo (2/3) na casa e Bergantiños (9/10) fóra, así como outros dous duelos ante recentemente ascendidos: visita do Llanera (16/17) e viaxe ao Helmántico para enfrontarse ao Salamanca CF UDS (23/24).

E para pechar o ano, e a primeira volta, partidos na casa contra o Laredo (30N/1D) e o Real Ávila (14/15) e desprazamentos para medirse ante a Real Gimnástica de Torrelavega (7/8) e Real Valladolid Promesas (21/22).

Chegará entón o momento do parón invernal ata 2025, co inicio da segunda volta previsto para o día 12 de xaneiro, ante o Numancia, no Vero Boquete.

A partir de aí, repetirase o patrón de partidos. Pontevedra e Fabril, en xaneiro; Langreo, Marino de Luanco, Escobedo e Raio Cantabria, en febreiro; Guijuelo, Real Avilés Industrial, Coruxo, Bergantiños e Llanera, en marzo; Salamanca, Laredo, Gimnástica de Torrelavega e Real Ávila, en abril; e Valladolid Promesas, en maio. Ese peche de liga contra o filial do Valladolid será no Vero Boquete

“No primeiro mes de competición xa hai partidos bonitos e retos por diante moi interesantes. Pero ao final hai que xogar contra todos e débense afrontar as cousas cando tocan e como tocan. Todos os partidos valen tres puntos, sexa na casa ou fóra, sexa ao principio ou ao final da tempada. O noso único obxectivo é chegar da mellor maneira a cada encontro, en cada momento e en cada contexto. Queremos ser o máis regulares posibles no noso rendemento”, explica o adestrador Antón Permuy.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.