Javier Rabanillo, Jugador Cinco Estrellas da Primeira Volta

23 de Xaneiro de 2025
Javier Rabanillo recolleu o premio ao Jugador Cinco Estrellas de man de Hugo Pérez, Marketing local y de Clientes de Mahou San Miguel en Galicia.
Javier Rabanillo, Jugador Cinco Estrellas da SD Compostela.
Rabanillo estivo acompañado polos finalistas ao premio.
Unha tempada máis, o premio Jugador Cinco Estrellas é entregado da man de Mahou, patrocinador do club.
  • Rabanillo recibiu esta mañá o premio de Mahou Cinco Estrellas tras ser elixido pola afección cos seus votos en X

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2025

Javier Rabanillo é o Jugador Cinco Estrellas da SD Compostela da Primeira Volta. O porteiro asturiano recolleu esta mañá o premio no Estadio Vero Boquete, de mans do noso patrocinador Mahou.

Hugo Pérez, Marketing local e de Clientes de Mahou San Miguel en Galicia, foi o encargado de entregarlle o galardón, nun acto no que tamén estiveron os outros candidatos ao premio.

Rabanillo, que fichou este verán polo Compos, foi unha das pezas destacadas desta primeira parte da campaña, sendo titular en todas as xornadas de liga e deixando grandes actuacións baixo os paus. Entre elas, cabe destacar que durante cinco partidos consecutivos estivo sen encaixar un gol. Cinco porterías a cero que se suman a outras dúas, para un total de sete.

Ese rendemento, así como o agarimo que se gañou da bancada compostelanistas, fixéronlle merecedor do premio ao Jugador Cinco Estrellas da Primeira Volta, un galardón que outorgamos, unha tempada máis, grazas ao noso patrocinador Mahou.

Trátase dunha iniciativa moi especial, debido a que se recoñece, por unha banda, aos xogadores máis destacados, e polo outro, aos seus afeccionados, que son os encargados da elección.

Ademais, coa entrega deste premio, Mahou demostra o seu compromiso e o seu fiel apoio ao club, xerando encontros entre persoas en torno ao fútbol, as cales nos axudan a vivir mellor.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O primeiro derbi da tempada🙌🩵🤍 Oportunidade para repoñerse e volver conseguir unha vitoria na Liga𝐗𝟔🆚 CORUXO F.C. 🗓️ Domingo, 11/10🕔 17:00 horas🏟️ O Vao🎟️ 15€ Xeral | Gratis Menores de 14 anos📺 En Xogo #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Recargar pilas, recuperarse mentalmente e volta ao traballo para o primeiro derbi da tempada#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAO Compos cae pola mínima en San Lázaro⚽️ Os nosos dispuxeron de boas ocasións para adiantarse no marcador, pero a falta de acerto permitiu ao Oviedo Vetusta levar os tres puntos📸 Ignacio Castaño Gómez#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composoviedovetustaO técnico do Compos analizou en sala de prensa a derrota na casa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 1️⃣-2️⃣ Real Oviedo Cantera⚽️ Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.