Tres goles e tres puntos para o Compos

14 de Marzo de 2026
Ambos goles de Maceira chegaron tras asistencias de Armental.
Vecho e Fiz dirixiron o partido ante a ausencia de Secho por sanción.
Samu, capitán do equipo, regateando a dous rivais.
Armental foi un tormento pola banda, con dúas asistencias e un penalti forzado.
Diego Uzal regresou de sanción.
Lucas Besada, canteirán do Compos, estreouse no Vero Boquete co primeiro equipo.
Zuba volveu contar con minutos coa camiseta do Compos.
Maceira anotou un dobrete, consolidándose como pichichi do equipo con 12 tantos.
O Compos celebrou a vitoria na casa cun triunfo con claridade, 3-0.
  • O Compos regresou á senda da vitoria na casa superando con claridade ao Alondras

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2026

Obxectivo cumprido: o Compos regresou á senda da vitoria na casa, logrando ademais unha vitoria solvente por 3-0. Un dobrete de Maceira e un tanto de penalti de Parapar permitiron aos nosos sumar os tres puntos, rompendo a mala dinámica de resultados das últimas xornadas.

O regreso do Compos ao Vero Boquete comezou da mellor maneira. Tras un inicio vibrante, os nosos adiantáronse xa aos 8 minutos, grazas a un bo desmarque de Armental, que chegou a liña de fondo e puxo o pase da morte para que Maceira marcase a pracer. O pichichi branquiazul volveu marcar tras varias xornadas e non sería o seu último da tarde.

Seguiu insistindo o Compos, presionando alto e roubando en campo contrario, pero non foi quen de conquistar o arco rival. Estivo preto Riki Mangana e Samu, pero ambas accións, a balón parado, escapáronse por pouco.

Pola súa banda, os visitantes cada vez arriscaban menos atrás, buscando balóns longos para os seus dianteiros, aínda que sen xerar perigo. Así, chegouse ao descanso co 1-0.

Tralo paso polos vestiarios, os nosos deron de novo un pase adiante e esa valentía atopou os seus froitos. Tras varios achegamentos, sería de novo protagonista Armental, gañando o balón na banda e penetrando ata a área, onde foi derrubado por un defensa: penalti. Parapar encargouse de executalo e de marcalo, enganando ao porteiro. 2-0.

E non hai dous sen tres, porque pouco despois, de novo Armental gañaba a acción pola súa banda e servía un balón picado para que Maceira, de cabeza, anotase o seu dobrete. O pichichi branquiazul, que sumou o seu duodécimo tanto na liga, mandouna na outra dirección do porteiro, aloxando a pelota na rede. 3-0.

O dominio era claramente branquiazul, tanto no marcador coma no xogo, e así avanzaron uns minutos nos que Vecho, hoxe no banco pola sanción a Secho, deu entrada a Zuba ou Lucas Besada, canteirán que volveu contar con minutos tras debutar en Cambados.

Con todo, o guión dos minutos finais alterouse cun penalti a favor do Alondras que Álex Cobo, cunha gran estirada, evitou que acabase en gol, deixando así a súa portería a cero.

3-0 final e tres puntos moi necesarios para un Compos que segue no alto da táboa. Con esta vitoria, os nosos rompen a mala dinámica e encaran, con outra cara, o dobre compromiso desta semana. O xoves en Barbadás e o domingo de novo na casa contra o Vilalbés.

FICHA TÉCNICA

3 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Riki Mangana, Pablo Crespo (Zuba, min.78), Damián Noya; Diego Uzal, Unai, Samu (Valín, min.76); Parapar, Antón Guisande (David Rosón, min.76), Adrián Armental (Cañi, min.78); e Maceira (Lucas, min.84).

0 – ALONDRAS CF: Brais; Barreiro (Iker, min.76), Diego, Kopa, Jorge Guimerans; Ube (Rocha, min.67); Javi Pereira (Adrián Cruz, min.53), Lucas, Luismi (Adri Hernández, min.67), Aitor Aspas; e Yelco (Manufre, min.46).

GOLES: 1-0: Maceira, min.8; 2-0: Parapar (p.), min.50; 3-0: Maceira, min.67.

ÁRBITRO: Marcos Padín (Ferrol). Amoestou a Pablo Crespo, polo Compos; e a Jorge Guimerans e Diego, polo Alondras.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 25 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputada ante 896 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

50 minutes ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.