O Compos cae na casa contra o Arteixo

6 de Abril de 2026
A pesar do bo xogo, o Compos caeu na casa contra o Arteixo.
Armental, que tivo a ocasión máis clara do Compos no partido, encarando a un rival.
Valín tivo que saír no descanso, tras unha boa primeira parte, por unha lesión.
O encontro disputouse ás 12:00 da mañá no Vero Boquete.
Diego Uzal alternou o centro do campo e a defensa.
Samu, capitán do equipo, conduce un balón.
Diego Rodríguez entrou na segunda metade por Valín.
Unai Peón, que entrou na segunda metade, tivo unha ocasión moi clara nos últimos minutos.
  • Tras unha boa primeira parte, a falta de gol deulle forzas a un Arteixo que levou o duelo na segunda parte

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2026

O Compos non puido facer o pleno na Semana Santa. Os nosos caeron na casa, 0-2, contra o Atlético Arteixo. Un partido no que os nosos acumularon moitas ocasións, especialmente nunha gran primeira parte, pero hoxe a pelota non foi á rede e os visitantes, aproveitando unha acción de saque de porta, levaron a vitoria.

Co impulso da vitoria do xoves, o Compos, con nova formación, saltou ao Vero Boquete este domingo con gañas de levar os tres puntos. Con dominio da pelota e ritmo na posesión, os nosos foron acumulando chegadas á área rival.

Antón Guisande, con dúas frentadas; Charly, cun remate no segundo pau que se escapou por milímetros; Aarón Martínez, con dúas chegadas nas que non terminou de remachar; e Armental, cunha última ocasión que sacou sobre a liña o porteiro; tiveron as principais opcións, aínda que ningunha delas acabou na rede.

Por iso, e cun susto final cunha falta afastada de Agulló que pegou na cruceta, chegouse ao intermedio co 0-0 final.

Na segunda parte, os nosos saíron co mesmo ímpeto, pero faltou profundidade e os visitantes marcaron na súa única aproximación. Un saque de porta, cun despexe longo que gañou Otero e marcou no man a man.

En desvantaxe, o Arteixo atrincheirouse máis atrás e o Compos non atopou as vías para o gol. Unai tivo a máis clara, pero mandouna arriba por moi pouco. E xa na prolongación, co porteiro arriba para o último córner, os visitantes puideron saír á contra e Otero, de novo, marcou a portería baleira. 0-2.

Tras esta derrota, toca levantar o ánimo para o importante partido da próxima fin de semana contra o Arousa.

FICHA TÉCNICA

0 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín (Diego Rodríguez, min.46), Riki Mangana, Pablo Crespo, Damián Noya (Parapar, min.59), Aarón Martínez (Unai, min.73); Samu (Cañi, min.73), Diego Uzal; Armental, Antón Guisande e Charly (Maceira, min.59).

2 – ATLÉTICO ARTEIXO: Carlos; Iván, Agulló, Marcos Aller, Manu Berrocal; Pablo Naya, Fabio; Rubo (Iker, min.73), Pablo Martínez (Diego Lamas, min.80), Jota (David Rojo, min.80); e Otero.

GOLES: 0-1: Otero, min.60; 0-2: Otero, min.94.

ÁRBITRO: Manuel Casanova (Ourense). Amoestou a Fabio e Otero, polo Arteixo.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 29 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.130 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-0️⃣ Sestao River Club⚽️ Unai Peón | Antón GuisandeA PRIMEIRA, NA CASA 🩵🤍TRES PUNTOS DE OURO QUE SABEN MOI BEN 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO DENDE A BANCADA 👥🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-0️⃣ Sestao River Club 📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.