-
Tras unha boa primeira parte, a falta de gol deulle forzas a un Arteixo que levou o duelo na segunda parte
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2026
O Compos non puido facer o pleno na Semana Santa. Os nosos caeron na casa, 0-2, contra o Atlético Arteixo. Un partido no que os nosos acumularon moitas ocasións, especialmente nunha gran primeira parte, pero hoxe a pelota non foi á rede e os visitantes, aproveitando unha acción de saque de porta, levaron a vitoria.
Co impulso da vitoria do xoves, o Compos, con nova formación, saltou ao Vero Boquete este domingo con gañas de levar os tres puntos. Con dominio da pelota e ritmo na posesión, os nosos foron acumulando chegadas á área rival.
Antón Guisande, con dúas frentadas; Charly, cun remate no segundo pau que se escapou por milímetros; Aarón Martínez, con dúas chegadas nas que non terminou de remachar; e Armental, cunha última ocasión que sacou sobre a liña o porteiro; tiveron as principais opcións, aínda que ningunha delas acabou na rede.
Por iso, e cun susto final cunha falta afastada de Agulló que pegou na cruceta, chegouse ao intermedio co 0-0 final.
Na segunda parte, os nosos saíron co mesmo ímpeto, pero faltou profundidade e os visitantes marcaron na súa única aproximación. Un saque de porta, cun despexe longo que gañou Otero e marcou no man a man.
En desvantaxe, o Arteixo atrincheirouse máis atrás e o Compos non atopou as vías para o gol. Unai tivo a máis clara, pero mandouna arriba por moi pouco. E xa na prolongación, co porteiro arriba para o último córner, os visitantes puideron saír á contra e Otero, de novo, marcou a portería baleira. 0-2.
Tras esta derrota, toca levantar o ánimo para o importante partido da próxima fin de semana contra o Arousa.
FICHA TÉCNICA
0 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín (Diego Rodríguez, min.46), Riki Mangana, Pablo Crespo, Damián Noya (Parapar, min.59), Aarón Martínez (Unai, min.73); Samu (Cañi, min.73), Diego Uzal; Armental, Antón Guisande e Charly (Maceira, min.59).
2 – ATLÉTICO ARTEIXO: Carlos; Iván, Agulló, Marcos Aller, Manu Berrocal; Pablo Naya, Fabio; Rubo (Iker, min.73), Pablo Martínez (Diego Lamas, min.80), Jota (David Rojo, min.80); e Otero.
GOLES: 0-1: Otero, min.60; 0-2: Otero, min.94.
ÁRBITRO: Manuel Casanova (Ourense). Amoestou a Fabio e Otero, polo Arteixo.
INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 29 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.130 espectadores.











