Carlos de Lerma, novo adestrador da SD Compostela

7 de Xullo de 2026
Carlos de Lerma é o novo adestrador da SD Compostela para a Tempada 26/27, na que liderará ao equipo na Segunda Federación.
  • Carlos “O Puma” de Lerma liderará o proxecto branquiazul na Segunda Federación

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026

Carlos Tornero López de Lerma (San Vicente de Alcántara -Badaxoz-, 07/10/1984) é novo adestrador da SD Compostela para a Tempada 2026/27. O técnico estremeño, alcumado “O Puma”, dirixirá ao club compostelanista no seu regreso á Segunda Federación.

O Compos estará liderado por un adestrador novo, cunha dilatada carreira como xogador, e que, no seu debut nos bancos, demostrou unha gran capacidade de xestión e liderado.

O seu salto aos bancos produciuse no Marbella FC, club no que se retirou como futbolista. No equipo andaluz estivo unha tempada e media como técnico auxiliar e segundo, formando parte do ascenso á Primeira Federación, previo paso a comandar ao equipo como primeiro adestrador.

Baixo o seu mando, cabe destacar unha histórica salvación na Primeira Federación, grazas a unha recta final de Liga 24/25 na que o equipo andaluz conseguiu unha xeira de resultados moi positiva, especialmente coma local, da man dun gran fútbol.

Anteriormente, como futbolista, De Lerma tivo unha prolongada carreira futbolística de máis de 20 anos de traxectoria e máis de 550 partidos oficiais disputados, repartidos en 13 clubs. O canteirán do Leganés, que xogaba como mediocentro organizador, pasou por Segunda División, Segunda B e Terceira.

Agora, asume con ilusión o reto da SD Compostela, con moita ambición por demostrar a súa capacidade nos bancos.

Os teus éxitos serán os nosos. Benvido!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.