O Compos viaxa ata Vitoria en busca do seu cuarto triunfo consecutivo fóra da casa

20 de Novembro de 20260
  • Os nosos xogarán este domingo ás 12 horas no Campo Ibai 3 fronte a un Alavés B que marcha como segundo clasificado

  • O equipo de Carlos de Lerma irá a Vitoria co obxectivo de obter os tres puntos e redimirse así da derrota da xornada pasada contra o Ourense CF

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2026

A SD Compostela viaxará ata o País Vasco por terceira vez no que vai de curso, logo de visitar ao Portugalete (0-0) e ao Eibar B (1-0). Nesta ocasión, os nosos xogarán contra o Alavés B, no partido correspondente á duodécima xornada do Grupo. O Compos chega a este partido tras perder 0-1 contra o Ourense CF, nun duelo decidido desde os once metros no que os nosos mereceron maior fortuna.

O equipo de Carlos de Lerma encadea tres triunfos seguidos fóra de casa: 0-1 fronte ao Coruxo; 1-3 fronte ao Llanera; e 1-2 fronte ao Arosa, polo que viaxará ata Vitoria coa ilusión e a ambición de obter tres puntos máis lonxe de San Lázaro. En caso de gañar, o Compostela igualaría un rexistro que non se alcanza desde a tempada 2017-2018: conseguir catro triunfos seguidos xogando a domicilio.

O cadro picheleiro terá en fronte un óso moi duro de roer. O Alavés B chega a esta cita despois de vencer 0-1 ao Basconia, e atópase no segundo lugar da clasificación con 23 puntos, seis máis que o Compos, polo que este duelo antóllase clave para dirimir cales serán as aspiracións de ambos conxuntos.

O noso técnico Carlos de Lerma describiu ao filial babazorro como un equipo moi valente á hora de ir cara adiante e que asfixia ao rival coa súa presión, alén de ser “o mellor equipo da categoría nas transicións de ataque“. O preparador estremeño puxo en valor o arsenal ofensivo dos vitorianos, con Lander Pinillos, máximo goleador da Segunda RFEF con nove goles, como principal baza a ter en conta.

O segundo equipo do Alavés é un contricante máis que coñecido para os compostelanistas, pois foi o equipo que eliminou ao club santiagués do playoff de ascenso a Segunda B na tempada 2018-2019, cun gol ao último minuto en San Lázaro. Aínda así, o Compostela tamén sabe o que é gañar ao Alavés B, xa que o fixo por 3-1 como local na tempada 2001-2002.

Para este transcendental choque, o Compostela terá varias baixas. O Puma non poderá contar: nin con Roque, sancionado por ciclo de tarxetas; nin con Jordan, quen sofre unha micro rotura na zona do isquiotibial. Ademais, Carlos de Lerma recoñeceu que “tamén hai dous ou tres xogadores en dúbida”, polo que será mañá cando se tome a decisión de quen viaxa e quen non dentro da convocatoria.

Na súa comparecencia diante dos medios, De Lerma mostrouse satisfeito cos seus xogadores, e afirmou que o Compos xa é un equipo reconocible no xogo, en ser atrevidos e na intención de querer gañar. Con todo, o noso míster sinalou que tamén hai aspectos a mellorar, como a eficacia para portería rival, o balón parado e a capacidade para gobernar o resultado nos minutos finais dos encontros.

Así mesmo, recoñeceu “o debe” que ten todo o plantel e todo o corpo técnico coa afección, especialmente en San Lázaro, pois o Compos está a sumar moitos máis puntos lonxe de terras santiaguesas que no Vero Boquete de San Lázaro. É algo “a corrixir”, non só para saldar esta débeda cos seguidores do club, senón tamén para escalar máis postos na táboa clasificatoria.

Un posible triunfo en Vitoria permitiría ao Compostela asentarse na zona alta. Os nosos atópanse sétimos con dezasete puntos, a dúas unidades do playoff de ascenso a Primeira RFEF. Ademais, a visita a Vitoria supón un gran reto para toda a entidade, pois o Compos non gaña en Liga en Euskadi desde a campaña 2001-2002, cando venceu ao Bilbao Athletic por 1-2 con goles de Adriano e Cabarcos.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Deportivo Alavés B👉 Os nosos para o encontro de mañá ás 12:00 horas en Vitoria! Regresan á convocatoria tralas súas lesións Ces Cotos e Armental#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos viaxa ata Vitoria en busca do seu cuarto triunfo consecutivo fóra da casa, algo que non logra desde a tempada 2017-2018🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 12 horas no Ibai 3 da Ciudad Deportiva José Luis Compañón fronte a un Alavés B que marcha como segundo clasificado📸 Nacho Castaño #minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 12🩵🤍 O técnico compostelanista analizou as claves do encontro, as fortalezas do rival e os aspectos a mellorar dos nosos para poder conseguir o triunfo en Vitoria#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #minigloriascompos💪 Queremos recuperar a boa senda e acadar o cuarto triunfo consecutivoIremos a por todas a Vitoria!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMOS PARTIDOS CONFIRMADOS⚽️ Xornada 13🆚 Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🤝 Patrocinado por 𝐎 𝐏𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐋𝐞𝐢𝐬🗓️ Sábado, 28/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete⚽️ Xornada 14🆚 RS Gimnástica de Torrelavega 🗓️ Domingo, 06/12🕖 19:00 horas🏟️ El Malecón#composbergan #gimnásticacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.