O Compos dá un golpe na mesa e lévase o derbi en San Lázaro contra o Bergantiños

29 de Novembro de 20260
Celebración conxunta do equipo tras o 3-1 frente ao Bergantiños
Celebración de Dani González tras anotar o 1-1 contra o Bergantiños
Festexo de Buba cos afeccionados tras anotar o 2-1 de penalti ante o Bergantiños
Celebración de Buba, Unai Peón y Dani González tras o 2-1 contra o Bergantiños
Celebración de Buba con Edu González tras o 3-1 frente ao Bergantiños
Festexo de Buba ante o Bergantiños con Mario Hermo detrás tras o gol do 3-1
Foto traseira de Buba na súa celebración do 3-1 ante o Bergantiños
Celebración de Buba, Miguel Prado e Dani González tras o 3-1 contra o Bergantiños
Celebración de Buba, Dani González e Ces Cotos tras o 3-1 contra o Bergantiños
Festexo de Buba e Dani González tras o 3-1 frente ao Bergantiños
Acción de Manu Rivas frente ao Bergantiños
Acción de Diego Uzal frente ao Bergantiños
Acción de Álex Gil ante o Bergantiños
Acción de Buba frente ao Bergantiños
Acción de Dani González contra o Bergantiños
  • Os nosos venceron 3-1 no cuarto derbi galego da tempada grazas a un dobrete de Buba e a outro gol de Dani González

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2026

A SD Compostela obtivo tres puntos de ouro no Vero Boquete ao gañar o derbi galego contra o Bergantiños. Logo dun mes e dúas xornadas sen vitoria xogando de local, a Esedé reencontrouse co triunfo diante dos seus. A pesar de empezar perdendo 0-1, os nosos foron superiores en gran parte do choque e remontaron cun tanto inicial de Dani González e cun dobrete de Buba.

O equipo de Carlos de Lerma chegaba a un novo derbi autonómico logo de dúas xornadas seguidas sen vitoria, aínda que cunhas sensacións futbolísticas mellores do que reflectían os marcadores. Tras o empate da semana pasada en Álava (1-1), os nosos recibían a un Bergantiños situado na zona alta da clasificación e que non perdera en ningunha das súas últimas tres visitas a Santiago.

O adestrador estremeño apenas modificou a aliñación da semasa pasada en terras vascas. Dos once futbolistas que iniciaron aquel día contra o Alavés B, nove deles tamén foron da partida no día de hoxe. As únicas dúas modificacións foron as entradas de Álex Gil e Roque (tras cumprir sanción) no lugar dos saíntes Edu González e Mario Hermo.

Rodou o balón no derbi e fíxoo, como era de esperar, con dous equipos moi propositivos desde o encerado. Os primeiros compases foron unha batalla pola tenencia da pelota, pero xa deixaron un aviso para cada lado. O primeiro, obra do Bergantiños no minuto 3, cun saque de esquina que Buba despexou dentro da área cando un xogador rival se dispoñía a xutar.

O Compos respondeu pronto, no minuto 9, cun gran saque en longo de Edu Sousa para Antón Guisande, pero o gardameta Alberto Sánchez saíu a tempo e alcanzou o balón coas mans. Insistiu a Esedé nese tramo, pois logo dunha gran acción colectiva e unha peiteada de Buba, o balón caeu nos pés do Álex Gil dentro da área, pero o chute do extremo valenciano foise alto.

O bo xogo dos nosos derivou na primeira ocasión verdadeiramente clara no minuto 13. Roque conduciu cara dentro e deixoulle o balón a Antón Guisande, quen acomodou o balón á súa perna dereita para disparar cruzado e raso desde fóra da área. Desafortunadamente, a pelota marchouse lambendo o poste dereito da meta vermella, polo que o derbi seguía 0-0.

Tras o primeiro cuarto de hora, o Compos comezou a dominar o choque cun Dani González tremendamente inspirado na creación. O centrocampista dispuxo dunha ocasión moi clara no minuto 19 logo dunha gran acción individual de Buba, pero enredouse co balón e non foi quen de concretar a opción de tiro que parecía ter dentro da área.

A medida que transcorrían os minutos, o futbolista cántabro adquiría maior peso no xogo do Compostela. No minuto 23 filtrou un pase exquisito que deixou a Antón Guisande só cara á portería polo sector esquerdo, pero o tiro cruzado do extremo vigués foi detido polo meta rival. Dous minutos despois intentouno Álex Gil dentro da área, pero Alberto detivo o balón sen complicacións.

Cando mellor sentía o Compos, o Bergantiños deu o primeiro golpe e púxose por diante. Foi no minuto 30 e a balón parado. Yago Gandoy puxo o centro á área e René Pérez gañou o duelo aéreo para cabecear o balón ao fondo das mallas. A pesar da superioridade futbolística e das ocasións creadas, o Compostela víase novamente por debaixo no marcador de San Lázaro.

Con todo, os pupilos de Carlos Lerma igualaron o derbi só dous minutos despois. Miguel Prado sumouse ao ataque e filtrou o balón dentro da área para Dani González, quen se revolveu e sacou un disparo forte, raso e inapelable para o gardarredes do Bergantiños. Con 1-1 e aínda cunha hora por diante, o optimismo e o bo xogo volveu aparecer sobre o verde do Vero Boquete.

O propio Dani González volvería espertar o ‘ui’ na bancada cunha exquisita ruleta en saída de balón. Despois de deixar a dous rivais atrás, o de Reinosa puxo a correr a Manu Rivas polo carril esquerdo. Aínda que a oportunidade parecía ser boa, o carrileiro esquerdo dubidou en como rematar a xogada dentro da área e iso propiciou que a zaga carballesa desbarata a opción para o xogador de Brión.

Cando todo parecía indicar que o derbi se iría 1-1 ao descanso, no minuto 44 Buba inventouse unha xogada por banda dereita na que acabou no chan, o que motivou que o colexiado sinalase pena máxima. O xerundense non dubido en asumir responsabilidades e transformou o penalti enganando con frialdade ao porteiro. Pouco despois do 2-1, ambos os conxuntos se foron directos a vestiarios.

Tras a reanudación, Carlos de Lerma introduciu a Mario Hermo polo amoestado Unai Peón, o que motivou que Uzal adiantase a súa posición e Roque regresase á liña de tres centrais. Pola súa banda, o Bergantiños saíu con ímpeto ao campo, e no minuto 52 xa avisou cun disparo moi perigoso de Ale dentro da área. Edu Sousa, providencial como sempre, enviou o balón a saque de curruncho.

A resposta do Compostela no derbi non se fixo esperar, e novamente con Dani González como protagonista, o nosos la tiveron para anotar. Logo dun pase de Buba, o medio centro compostelanista probou fortuna de primeiras desde o bordo da área, e aínda que o chute tocou en Tomás Fontes, o desvío fixo que o esférico acabase batendo co traveseiro.

O cadro picheleiro non cesaba na súa intención de encarrilar o derbi, e froito diso chegou o definitivo 3-1 ao minuto 70. Novamente, con Dani González e Buba como figuras. O cántabro valeuse da súa extraordinaria visión de xogo para poñerlle un pase medido a Buba. O dianteiro catalán,sen inmutarse ante a saída do gardameta rival, picoulle o balón levemente para poñer o merecido 3-1.

Con todo, o momento de maior xúbilo nas bancadas chegaría no minuto 77 coa saída de Buba do terreo de xogo. O Vero Boquete púxose en pé para aplaudir de forma unánime ao punta compostelanista, quen xa suma seis tantos no que vai de curso. No seu lugar entrou un Teofilovic que realizou unha boa galopada nada máis entrar, aínda que finalmente non puido concretar dentro da área.

Nos instantes finais do derbi, entre pouco e nada sucedeu sobre o verde. A única xogada perigosa daríase no minuto 89, cun último lanzamento de Adri que obrigou a Edu Sousa a intervir. Logo de cumprirse os tres minutos de prolongación e cun Compos moi serio, o enfrontamento entre composteláns e carballeses deuse por finalizado.

Con esta vitoria por 3-1 no derbi fronte ao Bergantiños, os nosos rematan todos os derbis galegos da primeira metade do campionato. A balanza ata o momento é positiva, pois venceu ao Coruxo (0-1), ao Arousa (1-2) e ao Bergantiños (3-1), mentres que tan só perdeu contra o Ourense CF (0-1) nun duelo no que mereceu maior fortuna.

Estes tres puntos serven tamén para que o Compos se quite unha lousa de enriba xogando de local. Carlos de Lerma insistira na importancia de gañar na casa, algo que non se lograba desde o pasado 17 de outubro contra o Atlético Astorga (4-1). Ademais, os nosos pasan a ter vinte puntos e sitúanse como cuartos clasificados, en postos de playoff de ascenso a Primeira Federación.

Despois do asubío final no derbi contra o Bergantiños, o preparador estremeño puxo en valor o papel da afección, e lembrou que continuará a ser importante o seu alento nos meses que aínda restan de curso, polo que será clave que “cada vez se vaia sumando máis xente á causa”.

A próxima xornada, a Esedé viaxará ata Cantabria para render visita á Gimnástica Torrelavega, o domingo 6 de decembro ás 19 horas. Aínda que o conxunto torrelaveguense está en postos de descenso, no día de onte empatou 1-1 no Vao e a semana anterior gañou 1-0 ao Portugalete, polo que o encontro non será nada doado para os nosos.

FICHA TÉCNICA

3- SD Compostela: Edu Sousa, Roque, Miguel Prado, Diego Uzal, Damián Noya, Manu Rivas (Pablo Crespo, min.83), Unai Peón (Mario Hermo, min.45), Dani González, Álex Gil (Edu González, min.66), Antón Guisande (Ces Cotos, min.66) e Buba (Teofilovic, min.77).

1- Bergantiños FC: Alberto, Joseda Álvarez (Danil, min.76), Tomás Fuentes, René Pérez, Isra (Adrián Álvarez, min.66), Daniel Onyia (David Iglesias, min.66), Yago Gandoy, Iago Novo (Hugo Villaverde, min.83), Koke Sáiz, Ale Sánchez (Jodar, min.76) e Álex Pachón.

Goles: 0-1: René Pérez, min.30; 1-1: Dani González, min.32; 2-1: Buba, min.45; 3-1: Buba, min.70.

Árbitro: Miguel Oliveira Dios (Galicia). Amoestou con cartón amarelo a tres xogadores da SD Compostela: Unai Peón (min.42); Ces Cotos (min.76); e Teofilovic (min.86). Amoestou tamén con cartón amarelo a tres futbolistas do Bergantiños FC: Tomás Fuentes (min.44); Isra (min.54); e Jodar (min.88).

Incidencias: partido disputado no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela) correspondeente á xornada 13 de Liga do Grupo 1 da Segunda Federación. Asistiron ao encontro 1.080 espectadores.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar da noite que se quedou! Hoxe é día de celebrar! 😍 #composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composberganO adestrador do Compos destacou o gran partido dos nosos, nun derbi no que o traballo colectivo foi decisivo para sumar tres puntos moi importantes ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-1️⃣ Bergantiños FC - Escolas Luis Calvo🎯 Dani González | Buba x2COMO PRECISÁBAMOS ESTA VITORIA NA NOSA CASA 🏟🩵🤍QUE PARTIDAZO E QUE REMONTADA 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR LEVARNOS ATA O TRIUNFO 👥🙌📸 Nacho Castaño#composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo🎯 Dani González | BubaChegamos ao descanso en vantaxe tras unha gran primeira parte dos nosos, na que lle demos a volta ao marcadorSeguimos, Compos!📸 Nacho Castaño #composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.