O Compos reforza a súa defensa co regreso de David Soto

29 de Xuño de 2023
David Soto regresa á SD Compostela
  • David Soto volve á SD Compostela tras dúas campañas no Pontevedra e firma ata 2026

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2023

David Soto Sánchez (Ourense, 16.10.1993) regresa á SD Compostela, reforzando a defensa branquiazul para a Tempada 23.24. O central, tras dúas campañas no Pontevedra, a última delas na Primeira RFEF, volve a Santiago co obxectivo de lograr un novo ascenso. A terceira fichaxe do Compos neste verán asina por tres anos, ata 2026.

David Soto volve á capital galega, onde deixou unha gran impresión na súa anterior etapa, na que ademais de demostrar as súas grandes calidades, sendo eixo da zaga branquiazul, conseguiu un ascenso a Segunda División B.

A pesar de que as dúas campañas de Soto en Santiago estiveron marcadas polo covid, acumula xa 50 encontros coa camiseta da SD Compostela. 27 no primeiro curso, no que logrou o salto de categoría no playoff exprés de Balaídos, e 23 no segundo, no que disputou todos os encontros de liga excepto o primeiro.

Como ben demostrou nos seus dous cursos no Compos, Soto destaca por ser un gran defensor, rápido ao espazo e potente no xogo aéreo, calidades que combina cunha gran saída de balón e capacidade para despregarse en ataque, unhas arrancadas partindo desde atrás que se fixeron características na súa etapa como xogador branquiazul.

Ademais, conta cunha gran experiencia na categoría, con nove campañas disputadas na Segunda B e outra en Primeira RFEF, así como tres máis na Terceira División; e destaca tamén pola súa polivalencia, xa que a pesar de que a súa posición ideal é a de central dereito, pode actuar como lateral dereito e mesmo como central ou lateral esquerdo, ao manexar ambas pernas.

Todas estas calidades foron valoradas pola dirección deportiva para afrontar, de novo, a súa fichaxe, firmándoo ata 2026.

Cabe destacar que David Soto aterra na capital galega tras xogar practicamente todo no Pontevedra. No seu primeiro curso xogou 32 partidos, sendo peza chave no ascenso, e esta pasada campaña disputou 34 encontros.

Coa súa incorporación, a SD Compostela dispón xa de catorce xogadores con contrato en vigor para a Tempada 23.24: Pato, Borja Rey, David Soto, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián, Martín, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Pep Caballé, Elliot e Parapar.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.