Tres puntos de ouro para o Compos nunha gran estrea de Michel Alonso

22 de Outubro de 2023
Michel Alonso no seu primeiro día como técnico do Compos
Celebración do gol de Euse, o seu primeiro co Compos
Celebración de Juampa do golazo que marcou co tacón
Manu Barreiro celebra o segundo gol do Compos
  • A SD Compostela levou a vitoria en Torrelavega nun bo partido dos nosos, no que ademais recuperaron a senda do gol

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2023

A estrea de Michel Alonso como adestrador da SD Compostela saldouse da mellor maneira, cunha vitoria. O Compos sumou o primeiro triunfo da campaña coma visitantes nunha gran tarde no Malecón, demostrando un bo xogo e recuperando a faceta goleadora do equipo. Houbo que sufrir ata o final, pero co 3-4, o Compos levou tres puntos de ouro.

A vitoria branquiazul no Malecón cimentouse na súa gran capacidade para resarcirse, para recuperar as boas sensacións tras semanas sen coñecer o triunfo e sen marcar, pero tamén para recomporse tralo gol inicial da Gimnástica. Os goles de Euse, Manu Barreiro e Juampa, este último unha auténtica obra de arte, na primeira parte; e o segundo tanto de Juampa, na segunda metade, permitiron aos nosos conseguir o triunfo.

Con Michel Alonso debutando no banco da SD Compostela, os nosos chegaban a Torrelavega cun obxectivo claro, lograr os tres puntos.

Para o seu primeiro encontro como técnico branquiazul, Michel Alonso daba unha volta ao once, partindo con defensa de cinco, na que Pep Caballé e Samu Araujo actuaban como carrileiros. O lateral esquerdo era unha das novidades respecto ao domingo pasado, do mesmo xeito que Juampa, que tamén regresaba ao extremo tras recuperarse da súa lesión.

A pesar de ter a misión de cambiar a dinámica, o comezo do duelo en Cantabria non foi como querían os nosos, e é que aos catro minutos atopáronse cun tanto dos locais. Unha falta ben colgada ao punto de penalti para a entrada de Lavsamba, que se adiantou aos defensores e marcou de primeiras. 1-0.

A pesar do golpe que supuña verse por detrás no marcador, a SD Compostela non baixou os brazos e esporeados por Michel Alonso dende a banda, conseguiron reaccionar, comezaron a dominar por completo a contenda e iso traduciuse en goles.

No 18, noutra acción a balón parado, colgou a falta Juampa, fallou Sotres na saída, a pelota quedou a Pablo Antas e este puxo un servizo raso á área pequena para que Euse, ben colocado, a empuxase á rede coa dereita. Primeiro tanto para a última fichaxe do verán e 1-1 no marcador.

E aínda dixerindo a alegría do primeiro, chegou o segundo, no 24. Aproveitando o esquema exposto polo novo técnico, David Soto sentíase máis liberado para cruzar campo rival e nunha desas subidas o Compos marcou o segundo. O central destro mandaba un servizo medido para o desmarque de Manu Barreiro, quen definía de primeiras por baixo das pernas de Sotres. O terceiro gol da campaña para o dianteiro compostelán e 1-2.

O máis difícil logrouse, darlle a volta ao luminoso despois do golpe inicial, pero a vantaxe non durou moito. Oito minutos máis tarde, a Gimnástica volvía equilibrar a contenda aproveitando un roubo de balón en tres cuartos de campo. Un despexe na liña de fondo roubábao Basurto que, rapidamente, púñaa ao corazón da área para un Javi Delgado que se lanzou en prancha para gañar a acción á zaga e mandar a pelota á rede coa cabeza. 2-2.

Aínda así, na tolemia do Malecón, antes do intermedio, o Compos tivo tempo para anotar o 2-3, no 39. Pep Caballé cortou en campo rival o intento de contra visitante, a pelota caeu a Parapar, este púxoa á área para Juampa e o extremo sacouse da chistera un truco de maxia para mandar a pelota á rede. Enganou con levar a pelota á zurda e golpeou con forza co tacón da súa bota, directo ao fondo das mallas. Un auténtico golazo para reestrearse como goleador do Compos e 2-3.

A pesar dos cambios de marcador tan seguidos, nos minutos finais da primeira metade non houbo máis goles. Así, tras un gran primeiro acto do Compos, os nosos chegaron ao intermedio coa vantaxe mínima no luminoso.

O descanso serviu aos nosos para tomar un respiro despois da tolemia dos primeiros 45 minutos e tamén para acougar os ánimos. A pesar de que seguiron os mesmos protagonistas, o segundo acto arrincou doutra maneira.

O Compos, con vantaxe no marcador e aproveitando o seu dominio da pelota, deulle calma ao encontro con posesións longas e movendo ao rival, evitando as contras locais. Con esta formulación, conseguían manter a pelota lonxe da área de Pato e tamén tiñan as súas opcións para ampliar o marcador.

Desta forma, Parapar, ao pouco de reiniciar, tivo nun contragolpe a acción para o cuarto, pero este non chegaría ata minutos máis tarde, no 59, nunha nova acción de clase do extremo coruñés. Parapar colleu a pelota en tres cuartos, foise de todo rival que lle saíu ao paso, camiñou por liña de fondo e puxo a asistencia atrás para que Juampa, coa súa zurda, mandase a pelota á rede. 2-4 selando o seu dobrete particular.

Coa vantaxe dobrada, o triunfo achegábase a Compostela, pero a tarde non estaba para un final de encontro plácido. A pesar dos cambios e a que os minutos se consumían sen perigo, a Gimnástica volveu atopar outro gol, xa no 84. Un córner peiteado á perfección por Javi Delgado cara ao segundo pau daba unha nova vida aos locais, pondo o 3-4 e aumentando os nervios nos compostelanistas.

Quedaban seis minutos ata o final e houbo outros cinco de prolongación nos que o Compos soubo durmir o partido. Con Manu Barreiro baixando balóns e a pelota en terreo branquiazul, acabouse o encontro co citado 3-4.

Por tanto, tres puntos vitais para a SD Compostela na estrea de Michel Alonso e primeiro triunfo lonxe de Santiago. Unha vitoria para impulsarse na clasificación e coller confianza para o futuro. Dentro de sete días, ás 16.45 horas, unha nova oportunidade no Vero Boquete, para seguir mellorando as sensacións, contra o Valladolid Promesas.

FICHA TÉCNICA

3 – RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA: Dani Sotres; Rasines, Miguel Gándara, Varo (Tobar, m.54), Alberto Delgado; Josemi, Lavsamba (Adri Pérez, m.66), Alberto Gómez (Pol Bassa, m.66); Basurto, Saúl e Javi Delgado.

4 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Pep Caballé, David Soto, Álvaro Casas, Euse, Samu Araujo; Antón de Vicente, Pablo Antas; Parapar (Jordan, m.80), Juampa (Jaime Santos, m.70) e Manu Barreiro.

GOLES: 1-0: Lavsamba, min.4; 1-1: Euse, min.18; 1-2: Manu Barreiro, min.24; 2-2: Javi Delgado, min.32; 2-3: Juampa, min.39; 2-4: Juampa, min.59; 3-4: Javi Delgado, min.84.

ÁRBITRO: Álvarez Ordóñez (Asturias). Amoestou a Adri Pérez e Alberto Delgado, pola Gimnástica; e a Euse, Pablo Antas, Parapar, David Soto, Samu Araujo e Pato, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio El Malecón (Torrelavega). Xornada 8 do Grupo 1 da Segunda RFEF.

 

FOTOS: Néstor Revuelta

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 minutes ago

SD Compostela
🩵🤍 De capitán a capitán👉 Vestimos a Bellido coa reedición oficial da camiseta do Compos que sudou e luciu con moita honra e orgullo na Primeira DivisiónPorque hai camisetas que visten. E hai camisetas que forman parte da historiaEsta é unha delas 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Compos e Zico recuperan 30 anos despois a camiseta máis icónica da historia do club👉 Edición limitada de 1⃣0⃣0⃣ unidades da emblemática elástica dos nosos anos na 1ª División⚽️ Este domingo, lanzamento exclusivo a 60€ para abonados✍️ sdcompostela.com/gl/2026/06/12/compos-zico-historia-camiseta/🏟️ Ademais, tamén se poderá adquirir a bufanda por 10€ e o balón vintage de coiro edición limitada 1962 por 25€👉 Estas promocións só estarán dispoñibles no punto habilitado na bancada de Tribuna durante o partido fronte ao CF BadalonaEn caso de non esgotarse durante esta fase exclusiva, as unidades restantes poranse á venta o luns, na tenda oficial, a 75€#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎤 Palabra de capitán!!👉🩵🤍 Este domingo non faltes, sodes a nosa forza!!!O voso apoio vai ser fundamental para sacar o mellor resultado na ida desta finalísima!!! 🙌🙌🙌Entre todos, a polo ascenso!!!Merca a túa entrada na Oficina, na Tenda, Online ou o domingo no despacho de billetes!!! 🎫👉 E se eres abonado, recorda que tes ata mañá ás 15:00 horas para sacar a túa entrada e, se o desexas, a do teu acompañante#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 +2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas retiradas para este domingo👉 RECORDA, mañá ás 15:00h remata o prazo para as entradas de abonados (tanto a propia do abono como se desexas retirar unha para un acompañante)Podes facelo na Oficina, na Tenda ou online🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/💪 Non quedes sen a túa entrada!!! O Vero Boquete ten que ser un fortín!!!📸 Nacho Castaño #composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
𝑁𝑜𝑛 ℎ𝑎𝑖 𝑑𝑜𝑢𝑠 𝑠𝑒𝑛 𝑡𝑟𝑒𝑠...Repetimos este domingo, Armental??📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.