Un puntal para o Compos: Samu Rodríguez, dous anos máis de branquiazul

23 de Maio de 2024
Renovación de Samu Rodríguez coa SD Compostela ata 2026
Samu Rodríguez, acompañado por Txus Sáez, de Mahou, e os finalistas do premio ao Xogador Cinco Estrellas
Samu Rodríguez, con el premio al jugador Cinco Estrellas de la Temporada 23.24
  • Samu Rodríguez, Xogador Cinco Estrellas desta campaña, renova ata 2026, polo que cumprirá unha década como compostelanista

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024

De 2016 a 2026. Samu Rodríguez é historia viva da SD Compostela e seguirao sendo dous anos máis. O capitán, nomeado Xogador Cinco Estrellas desta tempada, seguirá liderando o proxecto branquiazul, comandando o centro do campo do Compos.

A renovación de Samu supón a continuidade dun dos puntais do club, un xogador clave nestas últimas oito campañas e fundamental no esquema de Antón Permuy no final do pasado curso.

O Compos asegúrase así o compromiso dun futbolista que o deixa todo no campo e que foi un gran exemplo para todos nestes anos. Ademais, é un claro referente de traballo duro e constante, un sacrificio que lle levou a superar a grave lesión que sufriu en Tarazona, para terminar esta tempada en plena forma.

Coa súa renovación, Antón Permuy asegúrase a continuidade dun da xogadores clave do persoal

Nesta última media campaña, Samu disputou quince encontros, anotando tres goles, o seu mellor rexistro nunha tempada desde que viste a camiseta do Compos, o que demostra a súa evolución.

En total, actualmente, Samu Rodríguez leva disputados 197 partidos coa SD Compostela, polo que este próximo curso superará a cifra redonda dos douscentos encontros.

Todo ese potencial seguirao demostrando sobre o verde do Vero Boquete polo ben do seu Compos. Samu, un dos nosos!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎟️ RECORDA! Cada abonado pode retirar 1⃣ invitación gratuíta* para o partido de mañá📲 Só online!👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Apoia os nosos a polo triunfo 🩵🤍* Invitación gratuíta + gastos de xestión📸 Nacho Castaño #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 @viveirocf2015 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete👉 Entra Turby, da Canteira Picheleira #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Viveiro CF ⚽️ Previa do noso adestrador antes do partido deste domingo ás 18:00 horas no Vero Boquete. Será a estrea dos nosos na casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🏠🩵🤍⚽️ David Rosón xa completou os seus primeiros adestramentos como novo xogador do Compos😃 Moitas gañas de verte debutar na túa nova casa 📸 Nacho Castaño#benvidorosón ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.