O Compos buscará dar un golpe de autoridade na casa contra o Ourense CF

13 de Novembro de 20260
  • Os nosos recibirán o domingo ás 17 horas ao Ourense CF cos 24 xogadores do plantel a disposición de Carlos de Lerma.

  • O equipo afrontará o derbi co obxectivo de prolongar o seu gran momento de forma tras sumar 13 dos últimos 15 puntos en xogo e entrar en postos de playoff.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2026

A SD Compostela regresa ao Verónica Boquete de San Lázaro para disputar o partido correspondente á xornada ligueira número once do Grupo 1 da Segunda Federación. Os nosos chegan a este choque tras obter unha valiosísima vitoria na Lomba por 1-2 a semana pasada.

Ademais, os anteriores triunfos contra o Coruxo (0-1), o Atlético Astorga (4-1) e o Llanera (1-3), así como o insatisfactorio empate contra o Basconia (0-0), permiten ao conxunto compostelán afrontar este partido contra o Ourense CF como “unha cita importante e ilusionante“.

Carlos de Lerma insistiu en que “aínda hai marxe de mellora en moitísimas cousas”, e recalcou a importancia de saber xestionar que é o que sucede dentro do terreo de xogo para así saber como combatelo despois. Ademais, recoñeceu que esta potencial mellora non soamente inclúe aos futbolistas, senón tamén “ao adestrador e ao seu corpo técnico”.

Malia obter tres vitorias consecutivas a domicilio e 13 dos últimos 15 puntos, o Puma advertiu que ser máis fiables na casa é unha das materias pendentes do equipo. Aínda así, valorou moi positivamente a capacidade que ten para adaptarse aos diferentes “campos e contextos”, o que fai do Compos un cadro “camaleónico” que ata o momento gañou os seus dous primeiros derbis.

O míster sinalou que “ser resolutivos e maduros” serán as principais claves que levarán ao Compos a obter tamén grandes resultados en San Lázaro fronte á súa propia inchada, a cal “nos deu máis do que puidemos recompensar“. A Esedé suma dúas vitorias e dúas derrotas en San Lázaro, polo que un resultado favorable fronte ao Ourense CF poría a balanza en positivo.

En fronte estará o Ourense CF, combinado que se sitúa na zona media da táboa a tres puntos do Compos, aínda que vén de perder 0-3 en casa contra o Portugalete. O noso técnico cualificou ao rival como “un equipo de autor” que conta cunha idea moi clara de xogo, buscando sempre a posesión e a asociación constante entre os seus principais xogadores.

Carlos de Lerma avisou do perigo dun adversario “capaz de rotar posicións” se se lle concede tempo para organizarse e que obtivo “peores resultados que méritos contraídos“. O noso preparador restou drama aos recentes tropezos dos ourensáns, enmarcándoos nun proceso lóxico de reconstrución tras iniciar a pretemporada máis tarde e renovar “case todo o seu persoal”.

Así mesmo, o técnico lembrou o precedente entre ambos nesta mesma pretemporada, cando o Compostela venceu por 4-2 ao Ourense CF con motivo do X Memorial Antonio Bermúdez. Máis alá daquel encontro, o preparador estremeño destacou a “notable evolución” do Compos desde entón, contando agora con diferentes estruturas, ideas e perfís sobre o verde.

Para este transcendental derbi, a enfermería está completamente baleira por primeira vez no que vai de curso. Co regreso de Armental, o corpo técnico terá ao seu dispor aos 24 homes que conforman o plantel. Carlos de Lerma avaliou esta situación como “un bendito problema”, pois terá que facer descartes e deixar fóra a futbolistas que “non o merecen”.

O encontro preséntase como unha oportunidade para que o Compostela traslade a algarismos clasificatorios a súa gran dinámica de resultados destas últimas semanas. O Compos atópase quinto en Liga con dezasete puntos, tres máis ca o Ourense, polo que unha vitoria afastaría aos nosos dos ourensáns e asentaríaos na zona de privilexio da táboa clasificatoria.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🏅🚴‍♀️ Orgullo de Compostela!Alejandra Neira, campioa do Mundo en Ruta e de Europa en CRI en categoría Junior, será homenaxeada este domingo no Vero Boquete⚽️ A ciclista compostelá fará o saque de honra no derbi contra o Ourense CF #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos buscará dar un golpe de autoridade na casa e confirmar así a súa boa dinámica 🗓️ Os nosos recibirán o domingo ás 17 horas ao Ourense FC co obxectivo de prolongar o gran momento do equipo, con 13 puntos obtidos dos últimos 15 posiblesPor primeira vez no que vai de tempada, Carlos de Lerma terá á súa disposición aos 24 membros do plantel📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 11🩵🤍 O técnico do Compos destacou que ten a todo o plantel, que seguen co debe de darlle á afección unha alegría na casa e analizou as claves para poder conseguir o triunfo no derbi#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️🏟️ Domingo de San Lázaro! 🫂🩵🤍 O primeiro derbi na nosa casa tamén o xogades vós💪 Apoia aos nosos e axúdanos a conseguir outra vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.