Viaxa no Bus do Compos a Santander

2 de Maio de 20232
Cartel do Bus do Compos a Santander da SD Compostela.
Afección da SD Compostela desprazada a Valladolid.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023

Última saída da liga para a SD Compostela e un partido importantísimo para achegarse ao playoff de ascenso. O Compos mídese ao Raio Cantabria en Santander e os nosos necesitan o teu apoio. Súbete ao Bus do Compos, gratuíto para os afeccionados, e anima aos nosos neste duelo crucial. A inscrición para o autocar estará aberta ata o xoves, ás 20.00 horas, no seguinte formulario: https://bit.ly/BusComposSantander.

 

  • Esta nova iniciativa realízase grazas á colaboración do Século IX, Restaurante Central, Bar Caminante, Tapería O Piorno e a Consultaría Simplemente Avanza

 

Esta iniciativa, que se suma ás xa realizadas con anterioridade, lévase a cabo grazas á colaboración do Pub Século IX, Restaurante Central, Bar Caminante, Tapería O Piorno e a Consultaría Simplemente Avanza. Co seu apoio, sairá un novo autobús de 55 prazas para apoiar ao Compos no encontro deste domingo, ás 12.00 horas nas Instalacións Municipais Nando Yosu Campo 1, contra o Raio Cantabria.

Como en anteriores ocasións, será preciso cubrir o 80% das prazas ofertas para que o autocar saia adiante. Ao ser encontro matinal, a saída do bus está prevista para as 5.00 horas da madrugada, desde a Porta 1 do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Pola súa banda, o regreso será ás 16.00 horas, co obxectivo de deixar tempo para a comida, chegando á capital galega sobre as 21.30 horas.

Cabe citar que, para reservar a praza no autobús, tan só fai falta cubrir os datos que se requiren no formulario, xa que automaticamente se asigna un asento para o mesmo.

Igualmente, sinalar tamén que o desprazamento non inclúe a entrada do partido. Esta deberá comprarse no despacho de billetes do campo de fútbol, cun prezo único de 12€.

Neste penúltimo partido de liga regular, necesitamos que o campo cántabro sexa un pequeno Vero Boquete. Unha vitoria achegaría moitísimo a clasificación para o playoff, polo que os nosos necesitan ese pequeno empuxón para selala. Viaxa cos nosos e anímaos neste partidazo. Esperámoste no Bus do Compos!

2 comments

  • Oscar

    2 de Maio de 2023 at 20:02

    No deja anotarse, ya no quedan plazas?

    • Brais Fernández

      3 de Maio de 2023 at 16:38

      Si, están todas as prazas cubertas.

Comments are closed.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.